Ir o contido principal

Aberto o prazo de presentación de propostas sobre os novos criterios de acreditación para o acceso aos corpos docentes universitarios

Aberto o prazo de presentación de propostas sobre os novos criterios de acreditación
Aberto o prazo de presentación de propostas sobre os novos criterios de acreditación
As aportacións poderán realizarse a través da plataforma de participación da ANECA ata o vindeiro 29 de febreiro

A ANECA abre ata o 29 de febreiro un prazo de presentación de propostas en relación aos criterios de acreditación para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a ditos corpos. Os criterios de avaliación de méritos e competencias e os requisitos mínimos para unha acreditación positiva foron publicados o pasado 8 de febreiro a modo de borrador, en consonancia co Real Decreto 678/2023, de 18 de julio polo que se regula a devandita acreditación estatal.

As achegas poden realizarse a través da nova plataforma de participación da  ANECA de diversos xeitos:  propoñendo enmendas para cada parágrafo do borrador, apoiando propostas doutras persoas ou comentando estas. Segundo indica a ANECA na súa páxina web, todas as aportacións, valoradas segundo o apoio que obteñan na comunidade, poderán traducirse en modificacións concretas do borrador de cara a súa publicación como documento definitivo.

Podes acceder á plataforma de participación da ANECA neste enderezo:  https://participa.aneca.es/.