A Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía permanecerá pechada dende o 3 de xuño

O peche é debido a obras de rehabilitación no edificio da facultade. Os libros trasládanse á Biblioteca da Facultade de Enfermaría onde estarán dispoñibles para o préstamo.
A Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía permanecerá pechada dende o vindeiro martes 3 de xuño e ata que rematen as obras de rehabilitación do edificio.
Os libros trasládanse á Biblioteca da Facultade de Enfermaría onde estarán dispoñibles para o préstamo.
No caso de solicitar os libros dende o catálogo Iacobus, enviaranse á biblioteca seleccionada polas persoas usuarias (agás a Biblioteca de Medicina) nos campus de Santiago e Lugo.