Ir o contido principal

Dispoñible a guía ACADEMIA: Programa de acreditación do profesorado universitario funcionario

A BUSC pon á disposición do PDI a guía ACADEMIA: programa de acreditación do profesorado universitario funcionario
A BUSC pon á disposición do PDI a guía ACADEMIA: programa de acreditación do profesorado universitario funcionario
A información desta guía refírese ao novo procedemento establecido polo Real decreto 678/2023, de 18 de xullo, aplicable ás solicitudes presentadas a partir do 1 de abril de 2024.

A  BUSC pon á disposición do PDI a guía ACADEMIA: programa de acreditación do profesorado universitario funcionario, coa que pretende facilitar o proceso de avaliación curricular para a obtención da acreditación de acceso aos corpos docentes universitarios de Profesor/a Titular de Universidade (PTU) e Catedrático/a de Universidade (CU).

O procedemento para a obtención da acreditación está permanentemente aberto e ten carácter universal, ao non estar vinculada a unha rama de coñecemento determinada. Nela avalíanse méritos e competencias:

  • De investigación, incluíndo transferencia e intercambio de coñecemento.
  • De docencia
  • De liderado
  • Relacionadas coa actividade profesional

Na guía pódense consultar os criterios xerais de avaliación, así como os específicos por  áreas de coñecemento. No apartado Indicios de calidade, aparecen detalladas as ferramentas que a BUSC pon a disposición dos investigadores e tamén os distintos indicadores de impacto: das achegas, do medio de difusión e as relacionadas coa contribución científica en aberto.

Podes acceder á guía a través da nosa web, no apartado Guías e titoriais

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2024.