Horario de verán na BUSC a partir do 2 de xuño

O luns 2 de xuño as bibliotecas comezarán a abrir as súas portas en horario de verán, o que non afectará a aquelas bibliotecas que teñen horarios extraordinarios co gallo dos exames do segundo semestre e segunda oportunidade.
O luns 2 de xuño iniciarase o período de apertura das bibliotecas da USC en horario de verán, que será de mañá e tarde os meses de xuño e xullo. Se necesitas consultar as modificacións nos horarios de cada biblioteca podes facelo a través da web da BUSC, e da páxina da biblioteca que dá servizo ao teu centro.
Os horarios extraordinarios non se verán afectados por esta modificación. Podes consultar as bibliotecas ofertadas e os seus horarios aquí.
Lembra que podes coñecer a porcentaxe de ocupación e os postos libres das bibliotecas na web da BUSC, na app da USC e na conta de horarios de BlueSky BUSChorarios @buschorarios.bsky.social.