Ir o contido principal

Horario de verán na BUSC a partir do 3 de xuño

O día 3 de xuño comeza o horario de verán na BUSC
O día 3 de xuño comeza o horario de verán na BUSC
O luns 3 de xuño as bibliotecas comezarán a abrir as súas portas en horario de verán, o que non afectará a aquelas bibliotecas que teñen horarios extraordinarios co gallo dos exames do segundo semestre e segunda oportunidade. Tamén queda activado o préstamo de verán para o alumnado de grao e máster.

O luns 3 de xuño iniciarase o período de apertura das bibliotecas da USC en horario de verán, que será de mañá e tarde os meses de xuño e xullo. Se necesitas consultar as modificacións nos horarios de cada biblioteca podes facelo a través da web da BUSC, e da páxina da biblioteca que dá servizo ao teu centro.  

Os horarios extraordinarios non se verán afectados por esta modificación, é dicir, as bibliotecas Concepción Arenal, Intercentros de Lugo, a biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, xunto coa sala de lectura de Dereito seguen mantendo os horarios estendidos. Podes consultar os horarios extraordinarios aquí. 

Tamén queda activado o préstamo de verán para alumnado de grao e máster, que terá como data máxima de devolución o 9 de setembro. Para o resto dos usuarios, a data de devolución será a que lle corresponda de xeito habitual. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2024.