Implementación práctica dos principios e compromisos de CoARA en ANECA
            CoARA (Coalition for Advancing Research Assessment) é unha coalición que ten como obxectivo a transformación dos métodos e procesos mediante os que se avalía a investigación. Para isto, introduce unha serie de principios que deben rexer a avaliación científica: ética e integridade, liberdade investigadora, autonomía institucional, independencia e transparencia, calidade e impacto, diversidade e inclusión.
En España, 85 institucións forman parte de CoARA, entre elas a ANECA, órgano encargado de realizar as actividades de avaliación, certificación e acreditación do sistema universitario español co fin da súa mellora continua e adaptación ao Espacio Europeo de Educación Superior.
A ANECA adheriuse a COARA en 2023 e introduce estes principios na reforma do programa de sexenios de investigación e de acreditación estatal (RD 678/2023).
Podes ver o vídeo completo da Semana do Acceso Aberto nesta ligazón.
Se precisas información sobre o programa de acreditación do profesorado universitario funcionario ACADEMIA ou sobre os sexenios de investigación, consulta as guías da BUSC.