A muller na banda deseñada
A biblioteca Concepción Arenal súmase aos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller coa elaboración da mostra bibliográfica "A muller na banda deseñada". Nela poderemos atopar unha selección de cómics nos que as mulleres teñen o papel protagonista. Ademais da versión virtual, na que se inclúe o enlace da obra ao catálago Iacobus, a exposición poderá visitarse na biblioteca Concepción Arenal ata o vindeiro 14 de marzo.
Nestra proposta poderemos realizar un percorrido pola historia do cómic protagonizado por mulleres, comenzando nos anos 60 e 70 con Las chicas son guerreras, obra que realiza un estudo exhaustivo das publicacións para nenas e adolescentes.
A historia do feminismo é outro dos eixes da mostra. Así, Pequeña historia del feminismo e Feminismo para principiantes amósannos o non sempre doado camiño que as mulleres tivemos que percorrer para acadar a igualdade de dereitos e o control sobre o noso corpo.
Referentes do movemento feminista como Angela Davis, as sufraxistas, ou o movemento Femen, representan en palabras de Nuria Varela, "o patrimonio de millóns de mulleres que mentras eran atacadas, ridiculizadas e vilipendiadas, souberon construír unha cultura, unha ética unha ideoloxía nova e revolucionaria para enriquecer e democratizar o mundo."
Podes aceder á mostra virtual picando aquí.
Na páxina de Nacións Unidas dedicado o Día Internacional da Muller atoparás máis información e recursos relacionados con esta efemérede.