Programa de formación de SciFinder
A través de seis webinars que se desenvolverán durante o mes de outubro, os usuarios de diferentes campos científicos poderán descubrir o potencial desta plataforma que permite coñecer os últimos avances no eido da química e doutras disciplinas afíns
A plataforma CAS Scifinder desenvolverá durante a segunda metade do mes de outubro un programa de formación en liña que constará de seis obradoiros, onde os usuarios poderán coñecer en profundidade as características deste recurso de información. Para participar nestas sesións, que serán en inglés, é necesaria inscrición previa.
Os webinars terán una hora de duración e darán comezo ás 15 horas. Poderase solicitar certificado de asistencia.
Aquí podes consultar o programa completo e acceder á ligazón para inscribirte:
- 17 de outubro: A drug discovery scientist’s introduction to CAS SciFinder Discovery Platform. Inscrición
- 18 de outubro: A biologist’s introduction to CAS SciFinder Discovery Platform. Inscrición
- 19 de outubro: A medical scientist’s introduction to CAS SciFinder Discovery Platform. Inscrición
- 24 de outubro: A computational scientist’s introduction to CAS SciFinder Discovery Platform. Inscrición
- 25 de outubro: An analytical scientist’s introduction to CAS SciFinder Discovery Platform. Inscrición
- 26 de outubro: A formulator’s introduction to CAS SciFinder Discovery Platform. Inscrición
Tamén podes consultar a guía da BUSC sobre SciFinder para saber como acceder a este recurso.