Novo recurso electrónico dispoñible en proba: CAS BioFinder Discovery Platform

A BUSC conta cun novo recurso electrónico dispoñible en proba do 15 de outubro ata o vindeiro 31 de decembro: CAS BioFinder Discovery Platform. Esta plataforma reúne os datos e solucións necesarios nos fluxos de traballo e descubrimento de fármacos, incluíndo a bioloxía do descubrimento e a química medicinal.
O acceso realizarase directamente desde SciFinder, onde aparecerá periodicamente unha mensaxe de convite cun enlace de rexistro e instrucións para acceder a CAS BioFinder.
Este recurso está deseñado para respaldar o traballo de descubrimento de fármacos, proporcionándolles aos biólogos e aos químicos os datos e ferramentas que necesitan para facer recomendacións máis rápidas e seguras. Permite traballar con datos farmacéuticos integrados en tecnoloxía predictiva mellorada con IA e visualizacións analíticas.
Podes acceder co teu usuario e contrasinal a través de ReBUSCa.