Ir o contido principal

Sesión formativa sobre a nova plataforma Academic SciFinder Discovery Platform

Imaxe: Unsplash
Imaxe: Unsplash
A actividade terá lugar o martes 23 de xaneiro ás 11 horas e será impartida de xeito telemático. Para participar é necesaria inscrición previa.

O vindeiro martes 23 de xaneiro ás 11 horas impartirase unha formación introdutoria sobre a nova plataforma de SciFinder, Academic SciFinder Discovery Platform. Esta actividade, para a que é necesaria inscrición previa, desenvolverase de xeito telemático a través de Zoom.

Esta versión mellorada da plataforma inclúe 60 anos de bibliografía de patentes e unha das maiores recopilacións de información de revistas no ámbito da biomedicina e das ciencias biolóxicas. Pon á disposición dos usuarios información indexada por expertos procedente de revistas e patentes en máis de cincuenta idiomas.

Para participar debes completar este formulario. Se precisas máis recursos informativos no eido das ciencias podes consultar as guías de recursos por materias da  BUSC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.01.2024.