A violencia obstétrica: unha aproximación bibliográfica
Con motivo da celebración o día 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, as bibliotecas das Facultades de Medicina, Odontoloxía e Enfermería crearon unha mostra bibliográfica virtual arredor da violencia obstétrica. Este recurso pretende realizar unha aproximación ao estado da cuestión, de xeito que calquera persoa interesada poida coñecer cal é a situación actual, tanto desde o punto de vista acádemico, como legal, político e social.
A guía está estruturada en diferentes apartados nos que se achegan documentos que reflicten as perspectivas dos sanitarios, das vítimas, e onde se recollen iniciativas para a prevención da violencia obstétrica creadas por grupos de profesionais e organizacións como "El parto es nuestro".
Que é a violencia obstétrica?
A OMS definiu a violencia obstétrica como "unha forma específica de violencia exercida por profesionais da saúde
(predominantemente médicos e persoal de enfermaría) sobre mulleres embarazadas, en labor de parto e ou puerperio. Constitúe unha violación aos dereitos reprodutivos e sexuais das mulleres."
Podes acceder á guía neste enlace. Tamén podes atopar máis información sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller na páxina de Nacións Unidas.