
Participantes
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 16 anos que o desexen.
Modalidade
A. Tema libre
B. Tema proposto pola organización
O 19 de outubro, ás 9.30 h, na Casa do Saber, comunicaráselles ás persoas inscritas o tema elixido pola organización. As persoas inscritas que non asistan a esta reunión non poderán participar na modalidade libre. Poderán consultar o tema proposto pola organización na páxina de Instagram de Lugo Cultural o día 19 de outubro a partir das 11.30 h.
Premios
- Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 350 €, trofeo e diploma
- Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema libre, dotado con 300 € e diploma
- Premio do Público á mellor fotografía de ambos os temas, dotado con 100 € e diploma.
Haberá unha exposición na Biblioteca Intercentros durante o período do 5 de novembro ao 16 de decembro de 2025. Elixiranse 12 fotografías que formarán parte do calendario do ano 2026 de Lugo Cultural, que non teñen por que coincidir coas da exposición.
Entrega e selección das fotografías
As fotografías enviaranse ata o 20 de outubro ás 10.30 h, por correo-e ou weTransfer a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal).
Entrega de premios
A data da entrega de premios será o 5 de novembro ás 20.30 horas na Biblioteca Intercentros (Sala de Investigadores).
Bases do certame
Consulta as bases do certame para máis información.
INSCRICIÓN
A inscrición pode realizarse ata o 17 de outubro de 2025, cubrindo o este formulario. Logo de cubrir o formulario, as persoas participantes deberán enviar un correo-e a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) co DNI escaneado e Certificado de conta bancaria.