Curso de danza creativa. Campus de Lugo.
Curso enfocado en coñecer e mellorar o corpo. Traballarase por medio de secuencias do movemento a fluidez, facendo desas secuencias unha danza corporal, mellorando a flexibilidade, coordinación e o equilibrio, co fin de atoparse ben física e psiquicamente, aprendendo a relaxarse.
É unha ferramenta imprescindible para tomar conciencia do que somos e como somos. Facilita e axuda a calquera disciplina ximnástica, dancística e artística.
Non se requiren coñecementos previos. Accesible para todas as idades.
Profesorado: Rosa Acuña
Duración: 30-09-2025 a 24-03-2026 (22 horas)
Horario: martes, 17.00 a 17.55 h
Lugar: Aula de Teatro e Danza. Facultade de Veterinaria
Prezo: membros da comunidade universitaria 130 euros / taxa xeral 190 euros
Número de prazas: mínimo 5 e máximo 20
Matrícula
O prazo de matrícula está aberto do 8 ao 29 de setembro de 2025.
As persoas interesadas deben cubrir o formulario e seguir as indicacións que aparecen no documento 'Instrucións pagamento'.
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es