Curso de danza creativa. Campus de Lugo.
Curso enfocado en coñecer e mellorar o corpo. Traballarase por medio de secuencias do movemento a fluidez, facendo desas secuencias unha danza corporal, mellorando a flexibilidade, coordinación e o equilibrio, co fin de atoparse ben física e psiquicamente, aprendendo a relaxarse.
É unha ferramenta imprescindible para tomar conciencia do que somos e como somos. Facilita e axuda a calquera disciplina ximnástica, dancística e artística.
Non se requiren coñecementos previos. Accesible para todas as idades.
Profesorado: Rosa Acuña
Duración: do 1-10-2024 ao 22-04-2025 (25 horas)
Horario: os martes, de 17:00h a 17:55h
Lugar: na Aula de Teatro e Danza (Aulario da Facultade de Veterinaria)
Prezo: membros da comunidade universitaria 130 euros / taxa xeral 190 euros
Número de prazas: mínimo 5 e máximo 20
Recoñecemento de créditos:
Curso recoñecido con 1 crédito ECTS (todas as titulacións de grao da USC)
Matrícula:
O prazo de matrícula está aberto do 16 ao 30 de setembro de 2024.
Culture Area
- San Xerome College
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Culture Area
- Montenegro Palace
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es