Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Impartido por Ezequiel Merlo e Chusa Pérez de Vallejo.

Curso de iniciación ao tango. Campus de Santiago de Compostela

  • O tango arxentino é un baile social, unha danza popular e cidadá de 'comunicación' entre os membros da parella e entre o conxunto de parellas que baila no salón, xa que se 'improvisa' a partir de códigos e estruturas de movementos preestablecidos. Este baile foise transformando a través do tempo e báilase actualmente por todo o mundo, pero mantendo a súa esencia de 'comunicación' a través do corpo e a música.

    Os seus obxectivos é introducir aos participantes neste baile, poder participar nas milongas (espazo de encontro e baile social), e que teñan a vivencia do 'baile popular', no que se favorece a integración social e o intercambio intercultural, estimulando a comunicación corporal, non verbal, a través da música.

    Profesorado: Ezequiel Merlo e Chusa P. de Vallejo.

    Duración: do 2-10-2024 ao 14-05-2025 (30 horas).

    Requisitos: non fai falta ir con parella, non se necesitan coñecementos previos, calquera idade e condición.

    Horario: os mércores, de 18:30 a 19:30 h.

    Lugar: no Comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo xardín). Rúa do Franco, s/n.

    Prezo: membros da comunidade universitaria 110 euros / taxa xeral 150 euros.

    Número de prazas: máximo 20 e mínimo 6.

    Recoñecemento de créditos: 1 crédito ECTS (todas as titulacións de grao da USC)

    Matrícula

    Ampliamos o prazo de matrícula do 2 ao 11 de outubro de 2024. Preme na seguinte ligazón para inscribirte:

    MATRÍCULA

  • Área de Cultura

    Colexio San Xerome

    Área de Cultura

    Edificio Intercentros
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.10.2024.