Curso de pandeireta e outros instrumentos de percusión tradicionais para o acompañamento do canto. Campus de Santiago de Compostela.
Neste curso aprenderemos a tocar a pandeireta ao xeito tradicional galego así como outros instrumentos de percusión empregados tradicionalmente no acompañamento do canto. Coñeceremos os principais ritmos existentes no folclore galego e os diferentes xeitos de interpretalos.
Profesora: Leticia López.
Niveis: iniciación (para as persoas que partan de cero) e intermedio (recomendado para as persoas que cursaron anteriormente o nivel de iniciación ou que teñan nocións básicas).
Duración:
- Iniciación: 7-10-2025 a 9-06-2026.
- Intermedio: 7-10-2025 a 9-06-2026.
Horario:
- Iniciación: martes, 17.00 a 18.00 horas (31 horas).
- Intermedio: martes, de 18.05 a 19.00 horas (31 horas).
Lugar: Comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo xardín). Rúa do Franco, s/n.
Prezo (cada nivel): membros da comunidade universitaria 90 euros / taxa xeral 110 euros.
Número de prazas: mínimo 5 e máximo 20.
Recoñecemento de créditos (todos os graos da USC):
- Iniciación: 1 crédito ECTS.
- Iniciación: 1 crédito ECTS.
Matrícula
Inscrición aberta do 8 ao 26 de setembro de 2025 na seguinte ligazón: MATRÍCULA
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es