Curso de pandeireta e outros instrumentos de percusión tradicionais para o acompañamento do canto. Campus de Santiago de Compostela.
Neste curso aprenderemos a tocar a pandeireta ao xeito tradicional galego así como outros instrumentos de percusión empregados tradicionalmente no acompañamento do canto. Coñeceremos os principais ritmos existentes no folclore galego e os diferentes xeitos de interpretalos.
Profesora: Leticia López.
Niveis: iniciación (para as persoas que partan de cero), intermedio (recomendado para as persoas que cursaron anteriormente o nivel de iniciación ou que teñan nocións básicas) e avanzado.
Duración: do 24-09-2024 ao 20-05-2025.
Horario:
- Iniciación: os martes, de 17:05 a 18:05 h. (30 horas). PECHADAS INSCRICIÓNS.
- Intermedio: os martes, de 18:10 a 19:10 h. (30 horas).
- Avanzado: os martes, de 16:00 a 17:00 h. (30 horas).
Lugar: no Comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo xardín). Rúa do Franco, s/n.
Prezo (cada nivel): membros da comunidade universitaria 90 euros / taxa xeral 110 euros.
Número de prazas: máximo 20 e mínimo 5.
Recoñecemento de créditos: 1 crédito ECTS, tanto iniciación, como intermedio e avanzado (todos os graos da USC).
Matrícula
Ampliamos o prazo de matrícula do 2 ao 11 de outubro de 2024. Preme na seguinte ligazón para inscribirte:
Culture Area
- San Xerome College
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Culture Area
- Montenegro Palace
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es