Ir o contido principal
Alumnxs escaleiras de Dereito
As normas de convivencia da USC procuran garantir os dereitos da comunidade universitaria e fomentar a inclusión, a diversidade e a tolerancia dentro e fóra das aulas.

En cumprimento da Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria, a USC aprobou en marzo de 2023 o Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da USC, que procura establecer as bases das relacións no ámbito universitario, fomentando a utilización preferente de modalidades alternativas de resolución dos conflitos que poidan alterar a convivencia ou que impidan o normal desenvolvemento das funcións esenciais de docencia, investigación e transferencia do coñecemento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2023.