As suxestións e queixas que faga o estudantado en relación ao funcionamento dos servizos docentes, administrativos e de apoio da USC canalízanse a través da Oficina de Análise de Reclamacións (OAR).
A OAR ofrece á comunidade universitaria un sistema aberto para transmitir reclamacións, queixas e suxestións co obxectivo de mellorar a xestión académica e, por extensión, o servizo público que presta a Universidade de Santiago de Compostela.
A Oficina de Análise de Reclamacións (OAR), depende da Secretaría Xeral e ten como misión recibir, analizar e dar resposta ás reclamacións presentadas en relación coa actividade académica e de apoio ao estudio na USC, facilitando aos seus órganos directivos a información necesaria para corrixir disfuncións, mellorar procedementos e manter a coherencia xurídica das súas resolucións.
A misión da concrétase nas seguintes funcións:
- Recibir, analizar e dar resposta ás queixas ou suxestións que non teñan contido xurídico que presente o alumnado e as persoas usuarias con respecto ao funcionamento dos servizos docentes, administrativos e de apoio da USC.
- Resolver os recursos administrativos relacionados coa actividade académica da USC e canalizar e resolver, de ser o caso, as peticións dos estudantes que non teñan delegada a súa resolución noutros órganos, en coordinación cos servizos correspondentes, co obxecto de manter a coherencia da aplicación das normas.
- Realizar informes sistemáticos e anuais sobre as deficiencias detectadas e poñelas en coñecemento das unidades administrativas afectadas.
- Propoñer melloras de procedementos ou a adopción de medidas que minimicen as reclamacións.
Oficina de Análise de Reclamacións
- OAR. Pazo de San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 814 550
- 881 814 557
- oar [at] usc.gal