Ir o contido principal
Tramitación de queixas.

O proceso iníciase coa presentación por parte da persoa interesada da queixa que pretenda realizar a  través da Secretaría Virtual do alumnado ou por medio do formulario da OAR para as persoas usuarias que non dispoñan de Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI).

A OAR recibe e analiza a queixa e, de ser necesario, solicita informe á unidade ou órgano correspondente da USC co obxecto de obter a información para dar resposta. Unha vez recibidos e analizados os informes a OAR respóndelle á persoa interesada a través da Secretaría Virtual e por correo electrónico.

A persoa interesada está ao tanto do estado de tramitación da súa reclamación a través do correo electrónico e da Secretaría Virtual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.10.2023.