Ir o contido principal
Tramitación de recursos sobre xestión académica.

A Oficina de Análise de Reclamacións (OAR) é a unidade administrativa encargada da tramitación dos recursos administrativos en materia de xestión académica:

  • Recurso de alzada contra resolucións dos decanos/as (revisión de cualificacións, cambios de grupo, dispensa de asistencia a clase, recoñecemento de estudos Erasmus e SICUE e outros procedementos en materia de xestión académica delegados nestes órganos) ou dos directores/as de departamento relativas ao apoio titorial extraordinario.
  • Recurso potestativo de reposición contra resolucións do Servizo de Xestión Académica (admisión en titulacións —agás admisión en titulacións de grao a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)—, recoñecemento de estudos, validacións de estudos estranxeiros, anulacións e modificacións de matrícula, simultaneidades, exencións de prezos, doutoramento, entre outros procedementos) e Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado (subvencións de prezos públicos).
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2024.