Transporte de mostras entre o Campus de Lugo e o de Santiago
Existe un servizo de transporte de mostras entre ambos os dous campus da USC. O servizo realízase mediante o vehículo habilitado polo servizo de xestión de residuos, aproveitando a ruta que xa fai semanalmente entre Lugo e Santiago.
O transporte faise todos os mércores. As mostras saen dende o CACTUS de Santiago as 8:15 h da mañá para seren entregadas no Cactus de Lugo dúas horas mais tarde. Ás 12 h sairán do CACTUS de Lugo as mostras que vaian ser transportadas a Santiago. Polo tanto, o horario de recepción de mostras para o seu transporte será a mañá e a tarde do martes (Laboratorio de preparación de mostras, Planta baixa, CACTUS Santiago) e a mañá do mércores antes das 12 h (Planta baixa, CACTUS Lugo). Unha vez que as mostras estean analizadas os propios usuarios deberán proceder a recollelas no punto de partida.
Lémbrase que é obrigatorio achegar coas mostras o Formulario Carta de Porte, debidamente cuberto, para poder facer uso deste servizo de transporte.
Envío de mostras a Santiago para RMN de líquidos
A Área de Infraestruturas de Investigación facilita aos seus usuarios un transporte de mostras diario para RMN de líquidos nos seguintes casos:
- O equipo de RMN de Lugo (500 MHz WB) estea a usar una sonda distinta da de líquidos.
- O equipo de RMN de Lugo (500 MHz WB) estea en labores de mantemento ou fora de servizo.
O transporte destas mostras farase os días:
- Luns, xoves e venres mediante a empresa SEUR, que as entregará no CACTUS de Santiago o día seguinte antes das 10 da mañá.
- Martes e mércores mediante o transporte de mostras propio da USC que as entregará no CACTUS de Santiago antes das 14 h dos mércores.
Normas para o transporte de mostras mediante a empresa SEUR
- Comunicarase ao persoal do CACTUS de Lugo a necesidade do envío antes das 11 h do mesmo día nas extensións 22817, 22816 ou 22818, ou no correo electrónico: carlosmanuel.roca [at] usc.es (carlosmanuel[dot]roca[at]usc[dot]es)
- As mostras deberán estar dispoñibles no CACTUS de Lugo antes das 14 h.
- O Servizo de RMN proporcionará os embalaxes e demais materiais necesarios para ditos envíos.
- O tamaño dos tubos non pode exceder de 180 mm.
Normas para o transporte de mostras mediante o transporte propio da USC:
- As mostras deberán estar no CACTUS de Lugo antes das 11 h dos mércores e co formulario para o seu transporte cumprimentado. O formulario está accesíbel nesta ligazón.
Área de Infraestruturas de Investigación
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela