Ir o contido principal
Técnica espectroscópica especialmente desenvolvida para a análise de elementos que dá lugar a medidas rápidas, exactas e precisas.

O plasma de acoplamento indutivo é unha fonte de ionización a presión atmosférica onde a mostra que chega é atomizada e ionizada.

Os ións formados pasan ao espectrómetro de masas onde son separados segundo a súa relación carga/masa. Cada unha das masas que chega ao detector é analizada para determinar a súa abundancia na mostra.

Características:

  • Permite a determinación multielemental da maioría dos elementos do sistema periódico.
  • Permite a medida de relacións isotópicas.
  • Permite o acoplamento de técnicas de separación como HPLC.
  • Atínxense límites de detección dunhas poucas ppb-ppt para a maioría dos elementos.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2022.