Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Localización

Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 816 242
  • Equipo operativo
Análise para mostras formadas por mesturas de compostos solubles, co obxectivo de obter a identificación dos compostos presentes (coñecidos ou descoñecidos) e/ou determinar a súa cantidade. Esta técnica de análise emprégase con fontes ESI/APCI en baixa ou alta resolución.
  • A cromatografía líquida  (Liquid Chromatography) é un método de separación baseado na distribución dos compoñentes dunha mestura entre dúas fases inmiscibles, unha fixa ou estacionaria e outra móbil. Na cromatografía líquida, a fase móbil é un líquido que flúe a través dunha columna que contén a fase estacionaria.

    As técnicas de espectrometría de masas que se poden combinar coa cromatografía de líquidos son Electrospray (ESI) ou APCI (Ionización Química a Presión Atmosférica). Os analizadores acoplados son: triple cuadrupolo (baixa resolución), QTOF (alta resolución) e timsQTOF (alta resolución). Ademais algúns dos sistemas permite o acoplamento cun sistema de extracción en liña (sistema OLE). 

    Tipos de análises que se poden realizar:

    • Cualitativo: análise de coñecidos ou descoñecidos para a identificación de compostos a partir dunha lista de compostos coñecidos ou de procura en librería de espectros. A partir dos datos obtidos pódense realizar estudos estadísticos de metabolómica.
    • Cuantitativo: determinación cuantitativa dun ou varios analitos de estrutura coñecida nunha mostra, empregando Electrospray (ESI) ou APCI como técnicas de ionización.

    HPLC-DAD:

    Técnica de análise de cromatografía líquida empregando un detector DAD (UV-VIS). O módulo de detección mide a absorción dun líquido que pasa a través da cela a unha determinada lonxitude de onda. Aplicable a mostras con cromóforos, dobres enlaces, grupos aromáticos ...  

    Instrumentación: API4000 (Sciex), Impact II (Bruker), timsTOF (Bruker).

  • Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela
    • 881 816 242