Localización
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS). Lugo
- Campus Lugo s/n, 27002Lugo
- Horario
- De luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00
Equipo Dispensador de Auga Tipo II. Auga electrodesionizada.
Este aparello produce auga purificada a partir da auga de rede asociando distintas técnicas de purificación.
A auga producida almacénase nun depósito, para empregarse logo, sexa como auga desionizada en aplicacións correntes de laboratorio, sexa para alimentar un sistema de auga ultrapura tipo Milli-Q.
A auga de entrada pasa en primeiro lugar a través do módulo de pretratamento Progard, deseñado para reter as partículas e o cloro presentes, así como para evitar calquera acumulación de precipitados.
A auga presurizada trátase logo por ósmosis inversa para producir auga de calidade intermedia.
Esta auga penetra logo no módulo de electrodesionización E.D.I., onde se desenvolve unha fase de purificación suplementaria, que reduce aínda máis o contido de contaminantes orgánicos e minerais.
A auga producida consérvase nun depósito de polietileno deseñado para reducir ao mínimo os riscos de contaminación durante o seu almacenamento.
Rendementos do aparello:
- Rexeitamento iónico típico mínimo: 97%-94%
- Eliminación de partículas: >99%
- Eliminación de microorganismos: >99%
- Eliminación de materias orgánicas: >99%
- Eliminación Sílice: >99%
- Resistividade: 10-15 MΩ•cm.
Obtense unha auga de Calidade Tipo II ou Superior
Abastecemento de auga potable e é a alimentación ideal para calquera equipo de laboratorio.
Unidade de Microscopía Electrónica e Confocal e de Apoio ás Especialidades Biolóxicas
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
Unidade de Microscopía Electrónica e Confocal e de Apoio ás Especialidades Biolóxicas
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS). Lugo)
- Campus Lugo s/n, 27002Lugo