Módulo 3 do Curso
Habilidades Comunicativas
O obxectivo deste módulo é mellorar a presentación oral dos traballos académicos, TFG, TFM e teses de doutoramento.
Recoñecemento
1 ECTS por recoñecemento de competencias transversais (lingua) para todas as titulacións, que contabilizan entre os posibles 12 ECTS por competencias transversais que se poden recoñecer nos graos.
A USC emitirá un diploma, no cal figurará o número de horas correspondente (25 horas), a aqueles estudantes que asistan con regularidade polo menos ao 80 % das horas.
Contidos
- Habilidades sociais e comunicativas (combater o medo a falar en público, dominar a linguaxe non verbal, a asertividade...)
- Competencias discursivas orais (comprender os conceptos de adecuación, coherencia, cohesión aplicados á oralidade; argumentación, argumentación científica e falacia).
- Competencias lingüísticas orais
- Comunicar, unha habilidade que se desenvolve. A captatio benevolentiae ou a arte de atraer a atención.
- Elementos para unha mensaxe eficiente: adecuación, coherencia, cohesión e gramaticalidade
- O discurso espontáneo: realidade ou mito?
- A importancia da preparación.
- A estrutura tipo.
- O desenvolvemento do discurso. O tempo.
- Da escrita á oralidade: a exposición do discurso.
- O importante: crear o hábito.
- Falar a través do corpo: a linguaxe non verbal.
- Buscando aliados: a voz.
- A entoación.
- Os rexistros de voz.
- O timbre.
- Volume e velocidade.
- Tipos de discurso. Tipos de argumentacións. Argumentos. Responder con eficacia.
- Como expoñer e defender oralmente un traballo académico.
Duración
25 horas
Do 10 de decembro de 2025 ao 19 de xaneiro de 2026
(13 horas de traballo persoal e 12 horas de teledocencia na plataforma Teams).
Horario
Luns e mércores, de 16:30 a 18:30 horas
Días de clase
10, 15, 17 e 22 de decembro; 2, 14 e 19 de xaneiro de 2026 (a última sesión dedicarase á avaliación)
Custo
30 €.
Requisitos
É imprescindible asistir polo menos ao 80% das horas de teledocencia e cumprir de xeito satisfactorio e en prazo todas as tarefas propostas na plataforma virtual.
Para o aproveitamento do curso é recomendable unha competencia en lingua galega equivalente ao nivel Celga 4 dado que o galego será a lingua instrumental do módulo, tamén para o alumnado.
Prazas
25 prazas. O curso poderá ser suspendido de non se acadar un mínimo de 10 participantes
Profesorado
Noelia Amado Corbacho
Prazo de matrícula
Do 25 ao 28 de novembro de 2025