Módulo 2 do Curso de Habilidades Comunicativas
Facilitar a presentación do teu TFG, TFM ou da túa tese. Ese é o obxectivo fundamental deste curso.
Recoñecemento
1 ECTS por recoñecemento de competencias transversais (lingua) para todas as titulacións, que contabilizan entre os posibles 12 ECTS por competencias transversais que se poden recoñecer nos graos.
A USC emitirá un diploma, no cal figurará o número de horas correspondente (25 horas), a aqueles estudantes que asistan con regularidade polo menos ao 80 % das horas.
Contidos:
Comunicar: en que consiste unha boa comunicación? Comunicar ciencia.
Planificar a presentación: cales son os obxectivos, que recursos vou utilizar, en que lugar, cales son as condicións de luz, cales son os medios dispoñibles.
Estruturar: ordenar dun xeito coherente os contidos, cohesionar a presentación por medios formais.
Deseñar: utilizar modelos axeitados, especialmente o da USC. Usar diapositivas que se vexan axeitadamente. A importancia das cores. A busca de bos cointrastes. Tamaño e tipo de letras. Imaxes adecuadas e inadecuadas.
Falar: unha vez feita a presentación, toca falar diante dun público. Transmitir ciencia con rigor e tamén con paixón.
Algúns exemplos do resultado do curso na xornada de avaliación
Perspectiva de xénero no ocio nocturno
María Álvarez Ozón
Salmón Atlántico
Francisco Gallástegui Baamonde
Que é o tempo
Xulián Traseira Freire
Duración
25 horas (13 horas de traballo persoal e 12 horas de teledocencia na plataformaTeams).
Horario
Luns e xoves, de 16:30 a 18:30 horas
Días de clase
17, 21, 24, 28 e 31 de outubro; 4 e 7 de novembro (a última sesión dedicarase á avaliación)
Custo
30 €
Requisitos
É imprescindible asistir polo menos ao 80 % das horas de teledocencia e cumprir de xeito satisfactorio e en prazo todas as tarefas propostas na plataforma virtual
Para o aproveitamento do curso é recomendable unha competencia en lingua galega equivalente ao nivel Celga 4 dado que o galego será a lingua instrumental do módulo, tamén para o alumnado.
Prazas
25 prazas. O curso poderá ser suspendido de non se acadar un mínimo de 10 participantes.
Profesorado
Manuel Bermúdez Blanco
Prazo de matrícula
Días 14 e 15 de outubro