Módulo 1 do Curso de Habilidades Comunicativas
O obxectivo deste módulo é mellorar a competencia escrita, diríxese sobre todo ás persoas que se atopan no proceso de redacción dun documento científico: artigo, traballo académico de curso, traballo de fin de grao, traballo de fin de máster, proxecto de fin de carreira ou tese de doutoramento.
Con este módulo quérese optimizar a presentación escrita (deseño, estrutura, redacción...) dos traballos académicos, TFG, TFM e teses.
Para iso incidirase en:
- Adquirir conciencia da importancia dunha boa presentación do traballo científico escrito
- Manexar con eficacia os recursos da lingua escrita a prol da claridade
- O coñecemento e emprego das principais características da redacción científica, a corrección gramatical, o deseño e a estrutura do documento, a coherencia na aplicación de elementos especiais (citas, referencias bibliográficas, tipografías etc.) e os recursos para a revisión do texto
Recoñecemento
1 ECTS por recoñecemento de competencias transversais (lingua) para todas as titulacións, que contabilizan entre os posibles 12 ECTS por competencias transversais que se poden recoñecer nos graos.
A USC emitirá un diploma, no cal figurará o número de horas correspondente (25 horas), a aqueles estudantes que asistan con regularidade polo menos ao 80 % das horas.
Contidos
Introdución
- Presentación
- Fundamentos para unha comunicación eficaz no ámbito científico.
- Coñecementos, habilidades e estratexias para a composición.
3.1 Propiedades textuais.
3.2 Outras habilidades: elaboración de ideas, esquemas, fichas...
Deseño
- Deseño do documento científico. Modelos.
- Estilos, índices automáticos, espazados, saltos de páxina...
Redacción
- As unidades textuais.
- As unidades superiores ao parágrafo. Estrutura do documento científico.
- Análise dos contidos do documento científico.
- O parágrafo.
- A frase.
- A palabra
- Elementos especiais no texto:
- Notas a rodapé.
- A citación textual.
- Elementos tipográficos.
- Táboas, imaxes, cadros e obxectos.
- Abreviaturas, siglas, acrónimos e símbolos.
- A revisión do texto
- Revisión de contidos.
- Revisión lingüística: ortografía, morfoloxía, sintaxe, puntuación e léxico.
- Recursos de revisión: no procesador de textos, correctores e tradutores, dicionarios, vocabularios especializados...
Competencias informacionais
- Referencias bibliográficas.
- Recursos para a busca e xestión de fontes bibliográficas.
Duración
25 horas
(15 de traballo persoal e 10 de teledocencia na plataforma Teams).Duración
Horario
Luns e xoves, de 16:30 a 18:30 horas
Días de clase
26 e 30 de setembro; 3, 7, 10 e 14 de outubro (a última sesión dedicarase á avaliación).
Custo
30 €
Requisitos
É imprescindible asistir polo menos ao 80 % das horas de teledocencia e cumprir de xeito satisfactorio e en prazo todas as tarefas propostas na plataforma virtual.
Para o aproveitamento do curso é recomendable unha competencia en lingua galega equivalente ao nivel Celga 4 dado que o galego será a lingua instrumental do módulo, tamén para o alumnado.
Prazas
25 prazas. O curso poderá ser suspendido de non se acadar un mínimo de 10 participantes
Profesorado
Noelia Amado Corbacho
Prazo de matrícula
Días 23 e 24 de setembro