Ir o contido principal

Recursos educativos en galego

XVII Xornada de recursos educativos en galego

30.10.2025 | 11.00h-14.00h

Facultade Ciencias da Educación
Aula 22 (Campus Norte)

CNL da Facultade de Ciencias da Educación

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a Xornada "Os recursos educativos en galego", desta volta dedicada á tecnoloxía.

recursos
recursos educativos

Esta iniciativa nace co obxectivo xeral de crear un espazo en que difundir e analizar os recursos educativos dispoñibles en lingua. Nesta edición de 2025, iso concrétase en

  • Coñecer os recursos existentes en galego.
  • Promover a creación de novos recursos adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas da comunidade educativa galega.
  • Difundir experiencias educativas centradas na elaboración e o uso de recursos.

A Xornada diríxese nomeadamente ao alumnado e o PDI da Facultade de Ciencias da Educación da USC, pero tamén a calquera profesional interesado/da en coñecer mellor os recursos educativos dispoñibles en galego.

 

Programa

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2025.