Ir o contido principal
Recomendacións para faceres as presentacións mellores e en menos tempo.
Powerpoint_portada

Utilizares diapositivas para a transmisión de contidos é unha boa idea. Unha imaxe mostra as cousas tal e como son máis claramente ca a unha simple descrición. Esta é a razón esencial para usares diapositivas como apoio ao teu discurso oral. Ademais, unha boa presentación axuda a guiar a audiencia a través do discurso.

Modelos de presentacións da USC

Descargar o modelo 16:9

Descargar o modelo 4:3 

Vídeo explicativo de como funcionan os modelos

En todo caso, lembra para que serven unhas boas diapositivas:

  • Ilustrar tal e como son as cousas
  • Ser unha guía para a audiencia
  • Ser un complemento de quen fala

E debes conseguir:

  • Captar a atención nun primeiro momento
  • Manter a atención durante a charla
  • Facilitar o recordo despois do relatorio

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.12.2024.