Ir o contido principal

124. Novos nomes para obxectos novos: os e-books

Un idioma preciso

Agora que acaba de pasar o día o libro, pode ser un bo momento para deternos sobre estes obxectos que aínda nos parecen do futuro, pero que ben axiña han ser parte das nosas rotinas cotiás. Se xa se ofrecen nas ofertas dos centros comerciais... é que falta pouco.

Trátase duns dispositivos electrónicos portátiles, dotados dunha pantalla e de funcionalidades especializadas, que permiten a lectura de documentos que se deseñan para ser visualizados desta forma. Á hora de intentar fixar un nome para eles podemos elixir entre varias posibilidades, basicamente as mesmas que barallan neste momento os nosos veciños:Soportes novos e vellos

  1. Mercar o nome canda o produto. Xa que este nos chega do ámbito anglosaxón, poderiamos integrar en galego o anglicismo e-book, igual que se fixo con casos como leasingspraystock ou zoom.
  2. Imitar o mecanismo seguido na integración doutros anglicismos encabezados coa secuencia e[lectronic]-, como por exemplo, e-mail. Se nese caso se optou pola tradución da denominación (correo electrónico), agora poderiamos potenciar o uso de libro electrónico.1
  3. Buscar unha forma propia que designe ese novo obxecto. Por exemplo, cabería ter en conta a forma portatextos, proposta pola Asociación de Tradutores Galegos.

Calquera das tres posibilidades presenta puntos fortes e febles. Así, á primeira e á segunda aválaas a súa importante presenza no uso real, algo que non se pode dicir de portatextos. Pero pola contra, recomendarmos e-book (ou ebook) para o galego contradiciría a tendencia maioritaria no tratamento de e[lectronic]-. Se en casos como e-commercee-learninge-work, ou o xa indicado e-mail se recomendan alternativas máis respectuosas coa estrutura lingüística do galego (comercio electrónicoteleformaciónteletraballo...) non parece haber xustificacións para incorporar sen máis esta expresión inglesa.

Do anotado no parágrafo anterior poderíase deducir que libro electrónico é a forma idónea, pero tamén podería presentar unha debilidade: esta forma úsase para designar dous conceptos próximos2:

Pero en calquera caso, esta ambigüidade non é diferente á que podemos atopar na propia palabra libro (que remite tanto á obra intelectual que se elabora como ao soporte de papel en que esa obra se imprime e distribúe), ou en casos como MP3 ou DVD que -polo menos nos niveis menos técnicos- poden designar tanto formatos e soportes de almacenamento como os dispositivos electrónicos que permiten a súa reprodución.

Entón, todas as alternativas teñen un punto feble?Visto con ollos estritos parecería que si, pero na nosa opinión é e-book quen presenta as feblezas máis graves, e por iso pensamos que é mellor evitar o seu uso.

De entre as restantes posibilidades, libro electrónico pode servir perfectamente en niveis de lingua pouco especializados, ou cando o contexto permita resolver a súa ambigüidade. No entanto, portatextos ou lector/reprodutor de libros electrónicos poderían manexarse como sinónimos contextuais que eviten que esa ambigüidade dificulte a comprensión da información que se transmite.

----------------------------------

[1] Unha variante deste procedemento consistiría en traducir este outro nome inglés, o que nos levaría a lector de libros electrónicos.

[2] O emprego de lector de libros electrónicos resolvería esa ambigüidade, pero a súa lonxitude (sobre todo se a comparamos coa concisión de e-book) vai dificultar a súa implantación, ou restrinxir a súa viabilidade só a determinados contextos de uso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.09.2024.