125. Ás voltas con cousas de comer: beicons e touciños
Quen nos lea cunha certa frecuencia ha coñecer ben unha das nosas ladaíñas: aquela en que afirmamos que ‘se nun contorno profesional se distinguen dous conceptos non se debe recomendar para eles o mesmo nome, xa que iso dificultaría a súa identificación e faría que os profesionais rexeitasen o emprego das formas propostas'. Ben, pois outra vez temos que traela a conto para falar destes dous derivados do porco.
O primeiro vén sendo unha 'peza de carne extraída da rexión do ventre do porco correspondente á base do ubre, do que se extrae un touciño delgado atravesado por vetas finas de carne, que adoita conservarse por salgadura'. Os dicionarios galegos veñen referíndose a el como touciño entrefrebado entrefebrado ou, en menor medida, entreteto (ES: panceta; EN: pancetta).
O problema xorde á hora de darlle un nome ao segundo deses derivados. Trátase dun produto que procede basicamente da mesma materia prima ca o anterior, pero que segue un procedemento de elaboración parcialmente diferente, que ten no afumado un dos seus trazos característicos. Mentres que en castelán (bacón ou beicon) e en inglés (bacon ou máis especificamente streaky bacon) as denominacións reproducen as diferenzas entre os dous produtos, o Dicionario castelán-galego da RAG aconséllanos reutilizar a denominación touciño entrefrebado entrefebrado.1
Como xa indicamos ao comezo, parécenos que intentar instalar na comunicación comercial esta recomendación é totalmente inviable, xa que nos impediría distinguir dous produtos ben diferenciados nos andeis das nosas tendas. Por iso, non queda máis remedio ca buscar algunha alternativa para designar este segundo derivado porcino.
Unha podería ser a incorporación do anglicismo,2 quer tomando como referencia a grafía orixinal (o que nos levaría a bacón, paralelo ao francés bacon ou ao catalán bacó), quer dándolle prioridade á pronuncia, como xa se propuxo nalgún dicionario, e incorporando beicon ao léxico galego. Outra posibilidade pasaría por partir da forma touciño entrefrebado entrefebrado e marcar as diferenzas incluíndo na denominación o trazo máis característico do procedemento de elaboración deste segundo derivado, o que nos levaría a unha proposta como touciño entrefrebado entrefebrado afumado.
Esta última alternativa -a máis purista desde o punto de vista lingüístico- ten como principal inconveniente a súa lonxitude en comparación con calquera das outras, que por riba presentan unha maior implantación no uso real. Por iso, tendo en conta que a incorporación de estranxeirismos é bastante frecuente no terreo da gastronomía, pensamos que é preferible empregar beicon (ou bacón) para referirse á variedade afumada, e touciño |
----------------------------------
[1] beicon s.m. touciño entrefrebado entrefebrado. Prepara las truchas con beicon. Prepara as troitas con touciño entrefebrado. (páx. 129)
[2] Esta integración de estranxeirismos é moi habitual á hora de denominar conceptos do ámbito gastronómico (vid. pizza, spaghetti, cuscús, tortilla, ...), xa que se trata de novas realidades que non existían previamente no contexto galego, aínda que si puideran existir produtos semellantes.