Ir o contido principal

177. "Islamita" ou "islamista"?

Un idioma preciso

ataque á sede do semanario Charlie Hebdo volveu traer ás portadas dos medios de comunicación o terrorismo provocado por fundamentalistas musulmáns. Lemos e vimos con horror os detalles do masacre; pero tamén nos deu tempo de decatarnos dunha cuestión lingüística que nos chamou a atención.
 

Con bastante frecuencia, empregouse islámico como cualificativo desta acción (terrorismo islámicoatentado terrorista islámico...), obviando que esta palabra designa todo o relacionado co islam e a súa civilización, e non só as súas manifestacións máis radicais e intransixentes. En castelánportugués ou catalán podemos atopar dicionarios ou recomendacións autorizadas que aconsellan empregar islamista para referirse a todo o relacionado con este tipo de visión do islam, cunhas argumentacións perfectamente válidas para o noso contexto.
 

Pero ademais en galego, con moita frecuencia fóxese do uso de islámico para acabar empregando no seu lugar islamita (os islamitas, ataque islamita, terrorismo islamita...), como se esta fose a nosa palabra para referirse a ese enfoque integrista do islamismo. Pero segundo o Dicionario da Real Academia Galega ambas as formas son sinónimas, polo que volvemos chantarnos no problema inicial.
 

Na nosa opinión, o máis lóxico é facer o mesmo ca as linguas do noso arredor e -asumindo que islámico e islamita significan o mesmo- empregalas unicamente para referirse ao que está relacionado co islam, sen ningunha connotación complementaria.

E cando cando queiramos aludir a cuestións relacionadas co fundamentalismo musulmán, ou a partidarios ou practicantes desta corrente, o mellor é recorrer a islamista, aínda que esta palabra non figure no dicionario académico. O feito de que si estea nos dicionarios castelánsportuguesesfranceses ou ingleses parece aval abondo da súa lexitimidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2023.