
A edición de 2024 xa ten gañadoras e gañadores!
Descúbreos na lapela Palmarés 2024.
Este concurso, dirixido á comunidade universitaria da USC, ten como obxectivos:
- promover a produción e a difusión de vídeos curtos e orixinais que fomenten o galego como lingua de divulgación científica, co fin de constituír un compendio de materiais audiovisuais útiles para a docencia no ámbito universitario.
- facer que a comunidade universitaria teña como referentes produtos audiovisuais de calidade á súa disposición que sirvan de modelo para a creación doutros semellantes.
- dar a coñecer a historia da USC a través das personaxes e dos fitos que deixaron pegada na súa traxectoria.
- conseguir que se amose a utilidade do galego na futura vida laboral dos universitarios e universitarias.
E para iso premia con 1500 e 300 euros os dous mellores traballos elaborados por membros da comunidade da USC en cada unha destas categorías:
- Divulgación do coñecemento
- Descubrindo a USC
- Protagonista: o galego
A data límite para presentar traballos foi o 24 de xuño de 2024.
Os traballos gañadores poden verse na lapela Palmarés 2024 ou na lista de reprodución Vídeos do Vémolo Nós 2024.
A entrega de premios aos gañadores e gañadoras terá lugar nun acto organizado pola Universidade de Santiago de Compostela no mes de outubro de 2024.




Categoría "Divulgación do coñecemento"
1º premio.- Rocío Manteiga Souto por Falando de vacas
2º premio.- Daniel Abella López e Adrián López Teijeiro por A biotecnoloxía no rural galego
Categoría "Descubrindo a USC"
1º premio.- Iria Losada Rodríguez por Homenaxe a Carolina
2º premio.- Cecilia Álvarez Corujo, David Marante Manteiga, Paula Martínez Collazo e Sara Rodríguez Ourille por Dende o SEPIU
Categoría "A utilidade do galego"
1º premio.- Iker Fernández Villar por Aaron Bennett Kleinschmidt, un estadounidense aprendendo galego
2º premio.- Irimia Pérez Sánchez e Manuel García Amado por Falar galego é de balde
Categoría "Divulgación do coñecemento"
Gañador.- Alejandro Gómez-Pazo por Con: as dinámicas costeiras e cambio global
Finalistas
- A festa dos maios na Galiza, de Claudia Fernández Losada e Eira Losada Fernández
- Camuflaxe vs mimetismo, de M. García Amado e I. Pérez Sánchez.
Categoría "Descubrindo a USC"
Gañadores.- Paulo Miguel Mouriño Pereiro, Celia Eiras Rubín e Estrela Ocaña Abadín por O cronómetro
Finalistas
-
Manuela Barreiro Pico. A historia da primeira licenciada da USC, de Carmen Villaverde Nartallo e Iria Peniza Rodríguez
- Descubrindo o Colexio de Fonseca, de Xosé Ramón Cisneros Pérez
Categoría "A utilidade do galego"
Gañador.- Alejandro Gómez-Pazo por A costa galega en galego
Entrega de premios
A entrega de premios aos gañadores e de diplomas aos finalistas terá lugar nun acto organizado pola Universidade de Santiago de Compostela en setembro de 2023.