Con ela búscase fomentar unha cultura de calidade no uso do galego entre o alumnado.
XX Edición (curso 2023-24)
A vixésima edición destes premios xa ten gañadoras e gañadores!
Descubre se es un ou unha deles na resolución da convocatoria, que podes descargar desde aquí.
As persoas egresadas da Universidade non só deben contar cun nivel axeitado de coñecementos significativos. Tamén é desexable que teñan desenvolvidas outras destrezas, habilidades e valores: autonomía, pensamento crítico, dominio das novas tecnoloxías... A presentación axeitada dun traballo dende o punto de vista formal –o que abrangue aspectos lingüísticos, de estruturación da información, de redacción, de deseño, a coherencia, etc.-, é unha habilidade comunicativa que calquera universitario/a debería posuír.
A USC, a partir dunha iniciativa das comisións de normalización lingüística dos centros, pretende contribuír a este obxectivo cos Premios á calidade lingüística, fomentando unha cultura de calidade entre o alumnado ligada ao uso do galego.
Con este concurso a USC premia os mellores traballos académicos de curso, de fin de grao (TFG), así como traballos de fin de mestrado (TFM) escritos en galego. Os Premios á calidade lingüística contan co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
O prazo de presentación de traballos académicos de curso de grao remata o 31 de xullo de 2024.
O prazo de presentación de traballos de fin de grao e de fin de mestrado remata o 30 de setembro de 2024.
Se es profesor/a dunha materia de grao, se dirixes un TFG ou un TFM, se presides un tribunal de TFG ou TFM...
- Non es o destinatario principal destes premios, pero si podes contribuír ao seu éxito, e xa que logo, á extensión do galego e da cultura da calidade entre os teus alumnos e alumnas, así como a valorar o esforzo que supón un traballo ben feito, neste caso tamén economicamente.
-
Se na avaliación da aprendizaxe das materias que impartes consideras os traballos académicos, difunde a existencia do concurso entre os teus alumnos e alumnas. Podes utilizar estas presentacións dixitais.
- Recoméndalles aos estudantes que elaboren un bo traballo académico de curso, traballo de fin de grao, proxecto de fin de carreira ou traballo de fin de mestrado, redactado en lingua galega, que se presenten ao concurso.
- Colabora cos estudantes que queiran presentarse, cubríndolles a constancia de que o traballo obtivo, como mínimo, un aprobado e que foi realizado en lingua galega.
- Asesora os teus alumnos e alumnas sobre aspectos formais e lingüísticos, infórmaos da existencia de documentos e recursos de apoio.
- Modelos de traballo de fin de grao e de fin de mestrado
- Recursos de apoio (correctores e suplementos temáticos, bases de termos, dicionarios e vocabularios, etc.)
- Acta do concurso 2022-2023.
- Acta do concurso 2021-2022.
- Acta do concurso 2020-2021.
- Acta do concurso 2019-2020. Traballos académicos
- Acta do concurso 2019-2020. TFG e TFM
- Acta do concurso 2018-2019. Traballos académicos
- Acta do concurso 2018-2019. TFG-TFM
- Acta do concurso 2017-2018. TFG-PFC-TFM
- Acta do concurso 2017-2018. Traballos académicos
- Acta do concurso 2016-2017. TFG-PFC-TFM
- Acta do concurso 2016-2017. Traballos académicos