Facultade de Ciencias, 2020
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca o concurso de vídeos “Cambio climático e Nós”, enmarcado no compromiso da USC coa Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable da ONU, “Unha oportunidade coas persoas e o planeta”.
Obxectivos
Os seus obxectivos son:
- Conectar a USC coas novas xeracións, sensibilizadas con cambio climático.
- Reflexionar sobre este fenómeno, as súas causas e consecuencias.
- Dotar a mocidade de coñecemento, habilidades e motivación para comprender e abordar os obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) da Axenda 2030.
- Fomentar a busca científica de alternativas e solucións, a eliminación de hábitos contaminantes e a investigación de fontes de enerxía menos contaminantes.
- Atraer a participación do alumnado na actividade científica, usando a lingua galega de xeito natural e con formatos audiovisuais atractivos.
Participantes
Poden participar no concurso o alumnado de ESO, bacharelato e FP, así como membros das comunidades universitarias da UdC, USC e UVigo.
Proposta
Deberán presentar un vídeo en galego dun máximo de 2 minutos sobre o cambio climático ata o día 24 de abril de 2020.
Premios
Hai dous premios por valor de 500 euros e outros dous por 250 euros.
Ata o día 24 de abril de 2020.