CNL da Facultade de Humanidades, 2016
Concurso de microrrelatos en galego
Os microrrelatos, en lingua galega, terán como tema o feito de contar e ter unha extensión máxima de 100 palabras.
Os microrrelatos presentaranse no perfil de Facebook da Facultade de Humanidades do 1 de marzo ao 1 de abril de 2016.
Un xurado decidirá o premio de 200 euros.
Tamén haberá un premio do público, de 100 euros.
Consulta as bases do concurso.
Os obxectivos con que convoca este premio son:
- Promover o uso do galego como vehículo para a creatividade dos estudantes da USC, co apoio das novas tecnoloxías.
- Fomentar os dotes literarios do alumnado da USC.
Trátase dunha actividade da CNL da Facultade de Humanidades, que conta co apoio técnico do Servizo de Normalización Lingüística.
Os microrrelatos presentaranse no perfil de Facebook da Facultade de Humanidades do 1 de marzo ao 1 de abril de 2016.