Concurso de fotos en Twitter sobre termos de arte, historia e xeografía.
FOTO-termos é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Xeografía e Historia, cuxo obxectivo é divulgar a terminoloxía en galego das titulacións que se imparten na facultade e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais e as redes sociais.
Pode participar o alumnado da USC que sexa seareiro de @fxhis_USC, perfil oficial de Twitter da Facultade de Xeografía e Historia.
A participación no concurso consiste na achega mediante rechíos de fotografías propias ou da rede (de uso libre) que plasmen os termos en galego de arte, historia ou xeografía que a CNL vaia propoñendo a través de chíos no dito perfil.
Mentres o concurso estea aberto, quen queira participar poderá enviar un correo electrónico a historia.acnl [at] usc.gal (historia[dot]acnl[at]usc[dot]gal) identificándose co seu nome completo e dni e mais o seu nome de usuario/a en Twitter.
Hai tres premios de 250, 150 e 100 euros en cada categoría (fotos propias e fotos da rede).