O Premio "Luísa Villalta" a Iniciativas Normalizadoras ten o obxectivo principal de promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua.
O Servizo de Normalización Lingüística da UDC, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan anualmente o Premio "Luísa Villalta" a Iniciativas Normalizadoras, co obxectivo principal de promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua dentro das súas institucións e no contorno en que se desenvolven as súas actividades.
O concurso está dirixido a todos os membros das tres universidades galegas, que poderán participar en dúas modalidades:
a) Deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario. O premio é de 3000 €, para a persoa ou grupo que a propoña.
b) Premio a unha idea para a promoción do galego, que se premiará con 1500 €.
O prazo de presentación para estes VI Premios remata ás 14 h do día 20 de novembro de 2009.
O prazo de presentación para estes VI Premios remata ás 14 h do día 20 de novembro de 2009.