Concurso de investigación sobre a Facultade de Xeografía e Historia
Co gallo da celebración neste ano 2022 do centenario da creación da súa Sección de Historia, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Xeografía e Historia da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, convoca o concurso de investigación "Verbas para cen anos de Historia".
Obxectivos
Os seus obxectivos son:
- Fomentar as investigacións sobre a Facultade de Xeografía e Historia.
- Promover enfoques novidosos e a construción de discursos propios a partir da consulta de fontes primarias (traballo de arquivo e/ou traballo de campo) e bibliografía.
- Promover a investigación e a comunicación científica de calidade en lingua galega nas súas vertentes escrita e audiovisual entre o alumnado do centro.
Participantes
Pode participar no concurso o alumnado dos graos e mestrados impartidas do centro no curso 2021-22, presentando un discurso persoal, en forma de ensaio escrito ou vídeo, cos resultados da súa investigación sobre algún aspecto da Facultade de Xeografía e Historia ao longo dos últimos cen anos (a evolución dos seus estudos, os cambios no inmoble e na contorna, o seu profesorado e/ou alumnado, etc.).
Premios
Hai tres premios de 500, 300 e 150 euros en cada unha das categorías (ensaio, vídeo).
O prazo remata o 15 de setembro de 2022.