Xornada de carácter divulgativo sobre a investigación matemática que se vai celebrar o 21 de novembro na Aula Magna da Facultade
Habelas, hainas é unha xornada de carácter divulgativo da investigación matemática, destinada fundamentalmente a estudantes de grao e máster.
Contaremos coa participación de investigadores de todas as áreas de investigación presentes na Facultade, que intentarán achegar dun xeito desenfadado e sinxelo para que se empregan e que son as Matemáticas.
Organiza
Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas e Seminario de Iniciación á Investigación (SII).
Programa
María José Ginzo Villamayor
Emerxencias por alcol: habelas, hainas!
Algunha vez preguntácheste cantas persoas en Galicia chaman ao 061 por intoxicacións por alcol? Nesta charla, mergullarémonos nos datos destas chamadas entre 2007 e 2018 para descubrir patróns interesantes sobre onde e cando ocorren. Utilizando ferramentas estatísticas, analizaremos como factores como a hora, o lugar ou as festividades inflúen na cantidade de chamadas que recibe o servizo de emerxencias. Que nos din eses patróns sobre as zonas de Galicia con máis intoxicacións etílicas? Como podemos usar estes datos para mellorar a prevención e xestionar mellor os recursos de saúde? Acompáñanos para explorar como os números poden axudarnos a mellorar a seguridade e o benestar da nosa comunidade. Unha charla chea de datos curiosos, descubrimentos e solucións!
Isaac Carcacía Campos
A ditadura topolóxica
Dende a aparición do teorema de Arrow sabemos que existen imposibilidades para que poidan existir aplicacións que permitan a agregación de preferencias sociais. Coa topoloxía pódese abordar este problema atopando obstrucións semellantes. Nesta charla abordaremos como entender a elección social empregando ferramentas da topoloxía
alxébrica que mostrarán que case ningún espazo de preferencias admite unha elección
democrática. Non obstante, veremos que podemos estudar como de lonxe está un espazo de admitir unha votación.
Fernando Saco Pérez
O infinito
Ao longo da historia os matemáticos preguntáronse se o infinito existe realmente e, no caso de que exista, se só hai un infinito ou máis dun. Segundo a tradición aristotélica, «o infinito non existe máis que en potencia, é inalcanzable». «O infinito é infinito. Se
existise, só habería un». Para os teólogos, «o único ente infinito é Deus». Incluso para un dos máis grandes matemáticos da historia, Carl F. Gauss, «o infinito é só una maneira de falar». Georg Cantor fixo unha profunda investigación sobre os conxuntos transfinitos, que revolucionou o concepto de infinito no mundo das matemáticas. A súa teoría será o obxecto desta charla.
CAFÉ
Andrea Polo Rodríguez
Matemáticas para modelar a vida
A bioloxía de sistemas é unha disciplina recente que persegue estudar procesos biolóxicos complexos dende unha perspectiva sistemática, isto é: comprender non soamente as pezas que interveñen no proceso, senón as relacións e interaccións entre elas, é dicir, o sistema que conforman. A día de hoxe, hai moitos experimentos que non se poden levar a cabo en laboratorios por restricións como a imposibilidade de reproducir certas condicións físicas. A modelización e simulación matemáticas poñen solución a este
problema. Nesta charla, intentaremos dar resposta a cuestións como: que é un modelo?
Como se constrúe? Que tipo de ferramentas matemáticas aparecen na bioloxía
computacional de sistemas?
Eduardo Loureiro Novo
Máis alá dos números naturais: transfini... que?
Os teoremas de incompletitude de Gödel afirman que, fixado un sistema de axiomas, existen enunciados que non se poden demostrar nin refutar dentro dese sistema. Nesta charla falaremos dun deses resultados: a converxencia das sucesións de Goodstein. Estas sucesións son facilmente construíbles coa aritmética de Peano, pero os axiomas de Peano amósanse insuficientes para probar a súa converxencia. Porén, mediante a construción de ordinais transfinitos seremos capaces de demostrar o Teorema de Goodstein na axiomática de Zermelo-Fraenkel.
Lucía López Somoza
Afinar ben: unha cuestión de saber sumar
O problema da corda vibrante, impulsado como un xeito de explicar a música a través das matemáticas, xerou un dos maiores debates na historia da ciencia. Nesta charla faremos un percorrido histórico polas aportacións realizadas por diversos matemáticos nas súas tentativas (e discusións) na busca da solución deste problema.
Organizan
Samuel Alvite Pazó, Paula Cambeses Franco, Ángel Cidre Díaz, Diego Mojón Álvarez
e Iria Rodríguez Acevedo
Facultade de Matemáticas, Aula Magna, 21 de novembro de 2024.
Programa
- 16:00 Apertura
- 16:30 Begoña Nicolás Ávila. Sistemas dinámicos para explicar o mundo, e máis aló.
- 17:00 Óscar Rivero Salgado. Resolvendo ecuacións ao tic tac do reloxo.
- 17:30 Javier López Pedrares. Mategami.
- 18:00 Descanso
- 18:30 Marta Cousido Rocha. Descifrando o mar.
- 19:00 Tomás Casal Otero. Grupos, especias e moitas cousas bonitas.
- 19:30 Sebastián Buedo Fernández e Daniel Cao Labora. Buscando o punto óptimo da Facultade.
- Magosto organizado polo Lar do Estudante
Comité organizador
- Víctor Cora Calvo
- Juan Manuel Lorenzo Naveiro
- Andrés Pérez Rodríguez
- Miguel Picos Maiztegui
- María Vidal García
Programa
- 16:00 Apertura
- 16:30 Rubén Figueroa Sestelo. Mερδασ de integración
- 17:00 Beatriz Álvarez Díaz. A fórmula do pegamento
- 17:30 Miguel Picos Maiztegui. Redes neuronais, quedaremos sen traballo?
- 18:00 Descanso
- 18:30 Beatriz Piñeiro Lamas. Estatística de corazón
- 19:00 Sandro Caeiro Oliveira. Cando as rectas forman curvas
- Magosto
Comité organizador
- Diego Bolón Rodríguez
- Javier López Pedrares
- Tomás Otero Casal
- Brais Ramos Pérez
- Silvia Souto Pérez
Programa
16:00-16:30 Apertura e presentación do libro do discurso de E. Vidal Abascal
- Mª Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas
- Juan José Nieto Roig, director do Instituto de Matemáticas (IMAT)
- Xosé Masa Vázquez, profesor ad honorem do Dpto. de Matemáticas
- Juan Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (SPIC)
- Manuel Bermúdez Blanco, técnico do Servizo de Normalización Lingüística (SNL)
- María Alonso Pena, representante do Comité Organizador do Seminario de Iniciación á Investigación (SII)
16:30 - 16:55 M. Pilar Páez Guillán Matemáticas a través do espello
Todos os nenos, a primeira vez que se miran nun espello, quedan abraiados e pregúntanse quen será esoutro cativo que está fronte a eles. Logo acostúmanse a viviren rodeados de espellos e finalmente enténdenos. Algúns destes nenos, ao medraren, deciden estudar Matemáticas, e experimentan un proceso similar ao do espello cando lles explican o espazo dual. Nesta charla intentaremos entender as semellanzas entre estes dous obxectos e ver que, igual ca os espellos, o espazo dual agárdanos nos lugares máis insospeitados.
16:55 - 17:20 Xabier Pérez Couto Catálogos, anuarios e bases de datos astronómicos
Nesta charla falaremos da orixe e evolución dos diferentes catálogos astronómicos ao longo da historia, os cales constitúen unha das primeiras publicacións científicas da antigüidade. Comezaremos abordando os de maior relevancia histórica, desde as primeiras recompilacións de estrelas da Antiga Mesopotamia, ata as primeiras listaxes de obxectos astronómicos do ceo profundo, como o de sobra coñecido Catálogo Messier. A continuación, trataremos os máis empregados na actualidade polos científicos, tanto no eido da divulgación (anuarios) como no da investigación (bases de datos).
17:20 - 17:45 María Ferreiro Subrido Vide ver a Terra xirar
Así convidou Jean Bernard León Foucault ao pobo francés a presenciar a súa famosa demostración da rotación do noso planeta no ano 1851. O experimento do que se valeu para probar tal fenómeno non foi máis que a observación do comportamento do plano de oscilación dun péndulo en movemento. A idea desta charla é que nos acheguemos un chisco á modelización en xeometría diferencial para describir xeometricamente ese comportamento. Matemáticas, habelas hainas, tamén detrás da demostración da rotación da Terra!
17:45 - 18:05 Descanso
18:05 - 18:30 Lorena Saavedra López Sexamos positivas!
A positividade é unha gran filosofía de vida, pero tamén é unha característica moi importante dalgunhas funcións usadas en modelizacións sobre situacións da vida real. Nesta charla centrarémonos na importancia de garantir que as solucións de certos problemas sexan positivas. Porén, todo en exceso é malo, polo que tanto nós como as nosas funcións buscamos ser positivas, pero sen pasarnos. Isto quere dicir que intentaremos obter solucións positivas, pero que alcancen valores o máis pequenos posibles. Aplicaremos os diferentes resultados para ser do 44,77% dos matemáticos que, como di Eduardo Sáenz de Cabezón na súa charla TED, afirman que “si no sabes matemáticas se te cae el puente”.
18:30 - 18:55 David Mosquera Lois Todos os camiños levan á topoloxía
Nesta charla comezaremos por presentar un problema da robótica e do deseño de algoritmos. A continuación, tentaremos formalizalo en termos matemáticos. Veremos como iso nos leva de xeito natural ao estudo da topoloxía.
18:55 - 19:20 Sara Recondo Estévez As matemáticas nas bucinas de Nacho Porto
É cotián escoitar que as matemáticas están en todo o que nos rodea, pero poderíase pensar que teñen cabida dentro da arte cerámica? Nun dos TFMs propostos no Mestrado de Matemática Industrial embarcámonos co ceramista galego Nacho Porto na aventura de caracterizar o comportamento acústico das súas bucinas cerámicas mediante o modelado matemático e a simulación numérica. O obxectivo principal deste proxecto consistiu en cuantificar as respostas físicas e o comportamento acústico que Nacho percibía sobre as súas bucinas, permitíndolle coñecer mellor os seus produtos e apreciar, por exemplo, a grande influencia que certos aspectos da etapa de deseño poden ter no seu xeito de soar.
19:20 - 19:45 Andrea Vilar Álvarez Axudando a Pepa A Loba
Pepa A Loba foi unha bandoleira galega de finais do século XIX, arquetipo do denominado ‘bandoleirismo xeneroso’, que lles roubaba ós caciques para logo repartir o botín entre as clases sociais máis desfavorecidas. Neste 2021, Pepa actualizou o seu modus operandi e xa non asalta incautos nos camiños, senón que intenta vencer as máquinas comecartos dos casinos… pero non está a darlle moi bos resultados! Seremos quen de formar parte da banda da Loba por uns intres e deseñar unha estratexia que lle permita obter beneficios nun tempo razoable?
19:45 - 20:00 Clausura
20:00 Magosto
Inscrición e recoñecemento
O prazo de inscrición remata o 23 de novembro.
Debes inscribirte nesta páxina se desexas asistir presencialmente e nestoutra se prefires facelo a través de Teams. Tamén podes inscribirte a través da túa Secretaría Virtual (á esquerda "Actividades" - "Oferta" - "Cursos do SNL")
Se te inscribes e asistes, presencialmente ou a través de Teams, tes dereito a un diploma por 4 horas. Hai 190 prazas para asistir presencialmente.
Tamén podes seguila libremente a través de Teams, sen inscribirte previamente e sen dereito a diploma.
Organiza
Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas e Seminario de Iniciación á Investigación (SII)
Comité organizador
María Alonso Pena
Beatriz Álvarez Díaz
Érika Diz Pita
Alberto Rodríguez Vázquez
Programa
16:00 Presentación
- Mª Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas
- Juan José Nieto Roig, director do Instituto de Matemáticas (IMAT)
- Isabel Vaquero Quintela, técnica do Servizo de Normalización Lingüística (SNL)
- María Pilar Páez Guillán, representante do Comité Organizador do Seminario de Iniciación á Investigación (SII)
16:20 Jorge Rodríguez López Existimos e... somos únicos?
A existencia e a unicidade de solución son cuestións recorrentes en multitude de problemas matemáticos e, se cadra, da vida mesma. Nesta charla centrarémonos no estudo da existencia e, para iso, faremos unha breve incursión na teoría de punto fixo.
16:40 Ana Suárez Gamarra Seguindo os pasos de Domingo Fontán
Neste traballo analizamos o cálculo da altitude na Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán. Traballamos coa presión atmosférica, e estudamos como o científico calculou a altitude de moitos cumios a partir de medicións desta variable. Os valores das altitudes obtidos, por interpolación e con diferentes fórmulas de Laplace, compararanse cos datos proporcionados polos Sistemas de Información Xeográfica analizando a precisión dos mesmos.
Finalmente, realizamos medicións na estación Penagache, un vértice da triangulación fundamental de Fontán, que serán introducidas nas fórmulas que segundo a documentación dispoñible podería ter utilizado o matemático hai 200 anos, analizando e comparando os resultados obtidos.
17:00 Rodrigo Mariño Villar Rebozarse na lama
Ao longo dos anos puidestes asistir a moitas charlas de diferentes campos, non só dentro das matemáticas, senón de moitas outras disciplinas. A meirande parte delas, non deixan tempo para contar todos os problemas que van aparecendo e aos oradores limítanos a contar os resultados obtidos, facendo así que un traballo de meses quede limitado a 20 minutos. Na charla de hoxe contaremos unha forma de clasificar obxectos xeométricos a partir da súa estrutura alxébrica, facendo unha tradución a como clasificamos obxectos coñecidos, intentando que as matemáticas que subxacen sexan pouco mencionadas e brille a filosofía detrás destas.
17:20 Pausa. Actuación
17:40 Daniel Cao Labora Un complemento ortogonal
A interacción entre as matemáticas e a música é densa no tempo, pois vense producindo de xeito continuado dende a época das civilizacións clásicas ata os nosos días. Nesta charla faremos un breve percorrido histórico sobre este asunto, relatando curiosidades e formulando cuestións naturais que vencellan estas dúas áreas. Finalmente, e sen necesidade de requisitos previos, realizaremos unha demostración que amosa como estes dous mundos, aparentemente ortogonais, compleméntanse á perfección.
18:00 Maribel Borrajo García E se patentamos unha moeda como proba diagnóstica?
“As probas rápidas mercadas a China non acadan nin o 30% de sensibilidade”. Titulares coma este correron como a pólvora por todo o país entre finais de marzo e comezos de abril. O do 30% soaba a pouco e mal, pero... que hai detrás? Sabemos que é iso da sensibilidade, como se calcula ou para que serve? E se a túa proba é positiva, sabemos que quere dicir?
A día de hoxe todos falamos de probas PCR, probas de antíxenos, probas de anticorpos ou de probas rápidas como se de pan ou patacas se tratase, pero... que tal se poñemos sobre a mesa un pouco de formalismo matemático? Nesta charla explicaremos as características máis relevantes á hora de determinar a validez e fiabilidade de calquera proba diagnóstica, e aprenderemos, coa Estatística por medio, a interpretar eses resultados.
18:20 Jesús Conde Lago Bourbaki, o matemático poldavo
Procedente do Estado eslavo de Poldavia, de nome grego e nacionalidade francesa, Nicolas Bourbaki é un dos matemáticos máis influentes e prolíficos do século XX. É autor dunha das obras máis importantes das matemáticas: o extenso tratado Eléments de Mathématique. Nesta charla falaremos de quen e que é Bourbaki, de por que foi merecedor de ata cinco medallas Fields. Da súa verdadeira historia, pero tamén das moitas lendas que existen sobre el. Din que habelas hainas, e nós imos contarchas.
18:40 Fin da xornada
Podedes ver algúns dos vídeos dende outra perspectiva dende a canle Youtube da Facultade de Matemáticas
Organiza: Seminario de Iniciación á Investigación (SII)
Comité organizador: Laura Davila Pena, Érika Diz Pita, María Pilar Páez Guillán, Alberto Rodríguez Vázquez
Esta actividade está suxeita ao Protocolo COVID-19 da Facultade de Matemáticas. Xa que logo a asistencia está limitada e cómpre inscribirse previamente.
A inscrición e a asistencia dan dereito a un diploma por 3 horas. Poderás optar pola asistencia presencial na Aula Magna (20 prazas) ou pola asistencia virtual a través de Teams (150 prazas). Tamen podes ir ao teu perfil da Secretaría Virtual e buscar á esquerda "Actividades" - "Oferta" - "Cursos do SNL". En calquera caso, o prazo de inscrición remata o 25 de novembro.
Tamén podes seguila libremente a través de Teams, sen inscribirte previamente e sen dereito a diploma.
Programa
[Se non puideches acudir ou se desexas repasar, podes ver os videos premendo nos títulos de cada relatorio.]
16:00 Presentación da xornada
- Laura Davila Pena - Membro do Comité do SII
- Mª Elena Vázquez Cendón - Decana da Facultade de Matemáticas
- Juan José Nieto Roig - Director do IMAT
- Manuel Núñez Singala - Director do Servizo de Normalización Lingüística
16:20 Manuel Núñez Singala (m.singala [at] usc.gal (m[dot]singala[at]usc[dot]gal)): Corrixindo o corrector
Os correctores ortográficos non teñen nin idea de ortografía, son simples repertorios de palabras que comparan o que as persoas escriben co que eles conteñen, e en función diso marcan ou non unha palabra como incorrecta. Adoitan incluír moito léxico xeral, pero pouco especializado. Pero, no caso das matemáticas, existe unha solución.
16:40 Olga Pérez Barral (olgaperez.barral [at] usc.gal (olgaperez[dot]barral[at]usc[dot]gal)): Xeometría de aquí e acolá
Sabías que nos resultan máis atractivas as caras máis simétricas? Ou que a capacidade de autorreplicación dos virus depende da simetría da súa cápside? Ou que a dureza do diamante se debe á configuración simétrica das cadeas de carbono que o constitúen? A experiencia cotiá suxírenos comprender a simetría como a propiedade dos obxectos que fai que, cando os observamos dende distintas perspectivas, nos resulten semellantes. O obxectivo desta charla será o de introducir a simetría dende un punto de vista matemático e rigoroso, empregando ferramentas alxébricas e xeométricas.
17:00 Luis Javier Pérez Pérez (luisjavier.perez [at] usc.gal (luisjavier[dot]perez[at]usc[dot]gal)): Trebellos matemáticos nos videoxogos
Que teñen en común títulos como Mario Bros, Angry Birds ou Call of Duty? Trátase de videoxogos que transcorren en mundos virtuais moi distintos. Non obstante, todos precisan recrear a interacción entre obxectos dun modo realista ou, cando menos, crible para o xogador. Desta tarefa encárgase o motor físico dos videoxogos. Nel, resólvense ecuacións que describen o comportamento de diversos sistemas físicos co fin de satisfacer a xogadores cada vez máis esixentes. Nesta charla exploraremos as matemáticas fundamentais detrás destes motores.
17:20 Cristina Lois Prados (cristina.lois.prados [at] usc.gal (cristina[dot]lois[dot]prados[at]usc[dot]gal)): Máis explotación pesqueira, máis peixes pequenos?
Durante o período 1910-1923 o biólogo Umberto D'Ancona, xenro do matemático Vito Volterra, estudou as poboacións de peixes no Mar Adriático. Así, decatouse de que o cesamento de pesca durante a I Guerra Mundial dera lugar a un aumento do número de tiburóns, cousa que lle pareceu lóxica, pois sen explotación pesqueira, os tiburóns dispoñen de máis peixes pequenos que lles serven de alimento. O que non quedaba tan claro para o biólogo era como afectaba a variación da pesca aos peixes pequenos. Entón formuloulle o problema a Volterra, quen tirou varias conclusións, entre elas, que unha maior explotación favorece as presas.
17:40 Café
18:10 Xabier García Martínez (xavier.garcia.martinez [at] usc.gal (xabier[dot]garcia[dot]martinez[at]uvigo[dot]gal)): Pagando en binario. A tecnoloxía dos criptocartos
Nos últimos anos popularizáronse as criptomoedas, sendo o Bitcoin o máximo referente. As ferramentas coas que son definidas e construídas son puramente matemáticas, empregando criptografía moderna e teoría de números. Nesta charla trataremos de achegarnos ao seu funcionamento para así poder entendelas e coñecer as súas vantaxes e desvantaxes.
18:30 Laura Freijeiro González (laura.freijeiro.fernandez [at] usc.gal (laura[dot]freijeiro[dot]gonzalez[at]usc[dot]gal)): Malo será!
É posible que sempre chova cando decides deixar o paraugas na casa? Ou que os semáforos se atopen en vermello cando vas con présa? Malo será, non? Ás veces non sabemos se realmente existe unha causa dos acontecementos que observamos ou son simples casualidades. Para solucionar este problema, a estatística dótanos con ferramentas que nos permiten decidir se podemos establecer relacións entre dúas variables ou temos que rexeitar esta idea. Non obstante, cómpre interpretar estes resultados “con sentidiño”.
18:50 Iago Isasi Freire (iagoif [at] hotmail.com (iagoif[at]hotmail[dot]com)): Na procura de satélites artificiais
Hoxe en día é normal atopar aplicacións que seguen as órbitas dos satélites tanto nun ordenador coma nunha tablet ou nun móbil. Grazas a isto, podemos saber onde mirar para poder ver a ISS, saber que satélite é o que pasa todas as noites á mesma hora por riba da nosa casa ou ver por onde nos poderíamos atopar un resplandor. Nesta presentación, ademais, veremos algunhas das fórmulas que se empregan para facer ese seguimento, por que é importante facelo e que pode implicar ter un bo sistema de rastrexamento de satélites.
19:10 Marcos Tella Álvarez (marcostellaalvarez [at] gmail.com (marcostellaalvarez[at]gmail[dot]com)): O movemento dos marcos ou como rebater o terraplanismo
Os marcos, esas pedras místicas espalladas por toda a xeografía do país que só se volven visibles cando o veciño os move. Nesta charla tentaremos aproveitar a ben coñecida conflitividade social que estes curiosos obxectos inducen para construír un irrefutable argumento de carácter analíticoe xeométrico que desbote de cheo a idea de que a Terra é plana.
19:30 Peche das xornadas
Organiza: Seminario de Iniciación á Investigación (SII)
Comité organizador: Laura Davila Pena, Ignacio Márquez Albés, David Mosquera Lois e María Pilar Páez Guillán
Programa
16:00 Presentación da xornada
16:20 A vida é un xogo
A teoría de xogos é a disciplina matemática que permite modelar aquelas situacións conflitivas e baseadas na interacción dun grupo de axentes. Nesta charla preténdese dar unha visión xeral da teoría dos xogos cooperativos e das súas múltiples aplicacións na vida cotiá. Entre outras, destacan a xestión do inventario dun determinado produto para grupos de axentes, a distribución do poder dos partidos con representación nun parlamento ou o reparto dos aforros obtidos de reordenar as posicións no procesamento de traballos por unha máquina.
Alejandro Saavedra Nieves: asaavedra [at] uvigo.es (asaavedra[at]uvigo[dot]es)
16:40 As ecuacións do amor
É ben sabido que do amor ao odio hai un pequeno paso pero, podemos realmente predicir a evolución do amor (ou do odio) nunha relación? Sería posible coñecer de antemán se unha relación está destinada ao fracaso? Nesta charla falaremos destas e doutras cuestións, aproveitando esta escusa para falar de amor, de matemáticas e do amor polas matemáticas.
Lucía López Somoza: lucia.lopez.somoza [at] usc.es (lucia[dot]lopez[dot]somoza[at]usc[dot]es)
17:00 Vida noutros mundos. A Astrobioloxía
Co posible descubrimento de auga líquida en Marte, unha pregunta que sempre inquietou á humanidade cobra máis forza ca nunca: existe vida noutros planetas do Sistema Solar (ou fóra do Sistema Solar)? A exploración espacial parece aínda moi distante para aclarar estas cuestións, polo tanto por agora convén formular outra pregunta: cales son os sinais de vida que se nos poden presentar cando apuntamos o noso telescopio ao ceo nocturno? Desta cuestión ocúpase a Astrobioloxía, que consiste en estudar as condicións de habitabilidade que debe reunir un corpo celeste para que nel haxa vida, e será o tema desta charla.
Carlos Vázquez Monzón: carlos.vazquez.monzon [at] rai.usc.es (carlos[dot]vazquez[dot]monzon[at]rai[dot]usc[dot]es)
17:20 Pausa para o café
17:50 Ata o infinito e máis alá!
Os sistemas de ecuacións están presentes nas nosas vidas desde antes de que sexamos conscientes: desde os problemas matemáticos do colexio ata as conexións neuronais nos nosos cerebros, pasando por toda situación na que precisemos despexar unha incógnita. O noso obxectivo será atopar cantas e cales son as súas solucións valéndonos da xeometría do problema. Para iso viaxaremos, se é preciso, ata o infinito e máis alá.
Beatriz Álvarez Díaz: beatrizalvarezd [at] gmail.com (beatrizalvarezd[at]gmail[dot]com)
18:10 Matemáticas no teu corazón
Nesta presentación poderás coñecer unha pequena parte das matemáticas que empregamos no Servizo de Cardioloxía do Ho
que axuden na toma de decisións clínicas.
Marcos Loureiro García: marcos.loureiro.garcia [at] gmail.com (marcos[dot]loureiro[dot]garcia[at]gmail[dot]com)
18:30 Buracos: as matemáticas do vaqueiro
Nesta charla trataremos de amosar algunhas das ideas precursoras do que hoxe se coñece como Topoloxía Alxébrica. Con máis precisión, presentaremos unha das formalizacións da idea de buraco.
David Mosquera Lois: david.mosquera.lois [at] usc.es (david[dot]mosquera[dot]lois[at]usc[dot]es)
18:50 Pero ti estás seguro diso?
É rigoroso todo o que vemos no telexornal ou lemos na prensa? Ao longo desta charla presentaremos diferentes novas enganosas que poñeremos ao descuberto empregando os nosos coñecementos estatísticos.
Mercedes Conde Amboage: mercedes.amboage [at] usc.es (mercedes[dot]amboage[at]usc[dot]es)
19:10 Fin da xornada
Programa
16:00 Presentación da xornada
16:25 A danza da gravidade: estrelas dobres e planetas extrasolares
En xeral, a forza dominante en sistemas estelares e planetarios é a gravitacional. Para obter modelos realistas destes sistemas cómpre coñecer con precisión a masa das estrelas, para o cal o estudo dos sistemas binarios é unha ferramenta fundamental. Nesta presentación farase un breve repaso sobre os fundamentos e métodos do estudo de sistemas binarios e como estas ferramentas evolucionaron xunto coas técnicas de observación para adaptarse ao estudo de planetas extrasolares.
Pedro Pablo Campo Díaz: pedropablo.campo [at] usc.es (pedropablo[dot]campo[at]usc[dot]es)
16:45 Matemáticas doutra Galicia
Falando de cuestións xa clásicas de análise funcional, intentaremos mostrar e comprender a beleza, orixinalidade e profundidade das ideas dalgún dos mellores matemáticos do século XX.
Jorge Losada Rodríguez: jorge.losada [at] usc.es (jorge[dot]losada[at]usc[dot]es)
17:05 Mergullándose coas matemáticas
Que teñen en común a optimización dun aparello de xeración de enerxía, o fluxo do sangue no noso organismo, o tempo atmosférico ou o voo dun avión? Todos estes problemas poden ser analizados se comprendemos como se desprazan os fluídos. Para iso aplicaremos as matemáticas, concretamente, mergullarémonos no campo da dinámica de fluídos computacional.
Saray Busto Ulloa: saray.busto [at] usc.es (saray[dot]busto[at]usc[dot]es)
17:25 Money, money, money!
Ter cartos está cheo de pesares e, en particular, o que máis pesa son as moedas. Por que temos que acabar cun buraco no peto polo solto das voltas de tanto café? Sabendo que o soño do tío de Donald (refírome ao pato estadounidense que non é presidente) de nadar en moedas é imposible, poderiamos facer algo por solucionar tan cobriza situación? Nesta charla falaremos dos sistemas monetarios, é dicir, dos valores das moedas e de como se deberían escoller para optimizar este problema.
Adrián Fernández Tojo: fernandoadrian.fernandez [at] usc.es (fernandoadrian[dot]fernandez[at]usc[dot]es)
17:45 Pausa para o café
18:15 Segredos, espías e números primos
Nesta charla falaremos do papel que xogan as matemáticas na criptografía actual, pois son un piar base na comunicación mundial.
Xabier García Martínez: xabier.garcia [at] usc.es (xabier[dot]garcia[at]usc[dot]es)
18:35 E ti… de quen vés sendo?
E ti… de quen vés sendo? Esta é a típica pregunta que che fan os avós ou a xente maior que te ve pola rúa. Pregúntanche de quen es fillo ou neto. En fin, de que familia es ou de quen es familiar. Nesta charla preténdese dar resposta a esta pregunta aplicando métodos e técnicas estatísticas aos apelidos galegos. Os apelidos poden utilizarse como fonte de información para caracterizar á poboación dunha rexión, dado que a análise dos patróns que se observan na distribución dos apelidos reflicte aspectos importantes dos movementos poboacionais.
María José Ginzo Villamayor: mariajose.ginzo [at] usc.es (mariajose[dot]ginzo[at]usc[dot]es)
18:55 Medindo a curvatura
O estudo da curvatura supón un punto central na xeometría diferencial. Intuitivamente, a curvatura non é máis ca un medidor da semellanza entre un espazo calquera e outro espazo chan comparable con el. A importancia do estudo da curvatura reside na propia natureza do Universo. Por exemplo, é a causante de que o camiño máis curto entre dous puntos non sempre sexa unha liña recta, tamén impide a representación do globo terráqueo sobre un plano conservando distancias en todas as direccións ou mesmo está presente na teoría da relatividade de Einstein.
Javier Valle Regueiro: javier.valle [at] usc.es (javier[dot]valle[at]usc[dot]es)
19:15 #dimecomofalas e tuiteoche #deondees
Se escoitásemos a alguén falar en galego, seriamos quen de recoñecer de onde provén a súa fala? Poderiamos recoñecer mellor aquela procedente dalgunhas zonas concretas? Que factores nos poderían axudar a identificala? Nesta charla responderemos, #comomatemáticos, a estas preguntas.
Laura Calaza Díaz: laura.calaza [at] usc.es (laura[dot]calaza[at]usc[dot]es)
Organizadores:
Jesús Conde Lago
Arís Fanjul Revia
Lucía López Somoza
Luis Javier Pérez Pérez
Víctor Sanrnartín López