Narración audiovisual con Diego Ameixeiras

A CNL de Ciencias da Comunicación organiza un seminario que vai dar o escritor Diego Ameixeiras. Nel farase unha viaxe histórica polo xénero criminal e sobre as orixes da novela e o cine negro. Estudaranse algúns principios xerais do guión e a súa construción de historias. Ademais, o escritor compartirá cos presentes o proceso creativo das súas novelas.