Ir o contido principal
O recoñecemento médico é a actividade sanitaria individual máis completa para a vixilancia da saúde.
Imagen de <a href="https://pixabay.com/es/users/orzalaga-77630/?utm_source=link-attribution&utm_medium=referral&utm_campaign=image&utm_content=5224534">Julio César Velásquez Mejía</a> en <a href="https://pixabay.com/es//?utm_source=link-attribution&utm_medium=referral&utm_campaign=image&utm_content=5224534">Pixabay</a>

Segundo a Lei de Prevención de Riscos Laborais, o recoñecemento médico ten carácter voluntario, agás nos supostos nos que sexan imprescindibles para avaliar os efectos das condicións de traballo sobre a saúde dos traballadores ou para verificar se o estado de saúde do traballador pode constituír un perigo para si mesmo, para os demais traballadores ou para outras persoas relacionadas coa empresa ou cando, así, estea establecido nunha disposición legal.

  • Os recoñecementos poden ser:
    • Iniciais: despois da incorporación ao traballo
    • Tras asignación de tarefas específicas con novos riscos para a saúde
    • Despois dunha ausencia prolongada do traballador por motivos de saúde, coa finalidade de descubrir eventuais orixes profesionais e recomendar unha acción apropiada para protexer ao traballador
    • Periódicos: vixilancia periódica da saúde

Cumprindo o mandato da Lei de Prevención de Riscos, os recoñecementos médicos da USC son exames médicos específicos fronte aos riscos derivados do traballo e periódicos, en función do nivel de risco e das características individuais do persoal.

Aplícanse distintos protocolos segundo o traballador estea exposto o ruído, traballo en alturas, traballos con pantallas de visualización de datos, axentes biolóxicos, axentes químicos, radiacións, manipulación de cargas, movementos repetidos etc.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.01.2024.