Dotación de caixas de urxencias aos centros.
A USC, a través do Servizo de Vixilancia da Saúde, dota de caixas de urxencias de primeiros auxilios aos distintos centros da Universidade. Así mesmo, cóntase cun mapa de distribución das caixas de urxencias.
- A concesión das caixas de urxencias faise despois da solicitude por escrito dos interesados.
- As reposicións do material das caixas de urxencias de primeiros auxilios fanse tamén por conta do Servizo de Vixilancia da Saúde, mediante unha solicitude por escrito.
- Novas caixas de urxencias: se aínda quedan laboratorios ou departamentos con falta de caixas de urxencias poden solicitalas ao Servizo de Vixilancia da Saúde.
- Follas de incidencias: coa entrega das caixas de urxencias, ou a reposición de material, achégase unha folla de incidencias, e agradécese que os usuarios, cada vez que fagan uso da caixa de urxencia, anoten a incidencia (caída, dor de cabeza etc...).
Servizo de Vixilancia da Saúde
- Casa de Vivendas de Funcionarios
- Avenida das Ciencias, 7, 15782Santiago de Compostela
- 881 814 520
- vixilanciasaude [at] usc.es
Servizo de Vixilancia da Saúde
- Edificio Administrativo Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 823 446
- 982 823 444