Ir o contido principal

Actividades

Actividades da Cátedra de Empresa Familiar

Docencia

A docencia na Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Santiago de Compostela materialízase na impartición de contidos específicos da empresa familiar en materias de grao e posgrao. Nos graos de Administración e Dirección  de Empresas, Economía e Dereito as materias desenvolven contidos específicos sobre a empresa familiar nos seus programas de estudo. Por outra banda, a Cátedra vai a impartir no curso 2021-2022 o curso de posgrao “Curso de Perfeccionamento na Xestión patrimonial da Empresa Familiar”. Ademais, a cátedra organiza periódicamente xornadas, seminarios, cursos e conferencias coa participación de representantes das empresas familiares galegas, institucións e expertos no eido da empresa familiar.

Investigación 

A Cátedra da Empresa Familiar da USC ten como un dos seus obxectivos mellorar o coñecemento sobre a Empresa familiar, para o que promove o desenvolvemento de estudos e investigacións tanto entre o persoal investigador como entre os alumnos de grao e posgrao da USC, mediante a realización de títulos de fin de grao e posgrao.

Outras

  • Seminario: "A inteligencia artificial, unha ferramenta útil para a democracia", no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, mércores 30 de marzo de 2022 ás 17:30 h.
  • Ciclo de conferencias Aprendendo das Empresas, participarán Raquel Cortizo, de Aluminios Cortizo, Cecilia Sierra, de Urovesa, Noelia Suárez, de Grupo Castrosúa, Ángel Lamas,  de Torre de Núñez e Tamara Vázquez, de Finsa, ciclo organizado pola Facultade de Ciencias Económicas da USC, coa colaboración da Cátedra da Empresa Familiar da Universidad de Santiago de Compostela.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2023.