No ano 2021, a Asociación Galega da Empresa Familiar, o Instituto de Empresa Familiar e Industria de Deseño Textil S.A., Inditex, firmaron un Convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para renovala por catro anos a Cátedra Institucional de Empresa Familiar (2021-2024).
A Cátedra Institucional de Empresa Familiar da Universidade de Santiago de Compostela ten os seguintes obxectivos:
- A realización de cursos, seminarios, conferencias e cantas actividades académicas redunden na difusión, o coñecemento e a práctica da empresa familiar galega.
- A promoción e organización de cantas actividades académicas contribúan a facilitar a reflexión e o debate, co fin de alcanzar o mutuo enriquecemento intelectual e a mellora da súa información.
- A colaboración con profesores e Departamentos da Universidade en todo aquilo que favoreza á formación sobre empresa familiar dos alumnos.
- Promover a investigación no campo da empresa familiar.
- Favorecer a difusión e o coñecemento das investigacións realizadas mediante publicacións e outras accións de comunicación.
- A creación e mantemento dun fondo bibliográfico e documental sobre as materias específicas da empresa familiar e as disciplinas con ela relacionadas.
- Fomentar a colaboración entre a Universidade e as empresas familiares.