
Os obxectivos xerais da Cátedra Da Cunha do Pan e do Cereal están encamiñados cara a investigación, o fomento da docencia e a difusión de coñecemento no ámbito do pan e dos cereais; para o cal pretende afondar na selección e produción de cereais autóctonos e do seu impacto na economía galega, no coñecemento da historia da elaboración do pan en Galicia, na promoción da investigación sobre a produción do pan galego e outros produtos derivados, así como na optimización dos procesos de panificación, aplicando metodoloxías innovadoras e alternativas para acadar un maior valor engadido dos produtos obtidos.