Resultados
A USC participa nunha nova plataforma tecnolóxica para o transporte non-viral de xenes con aplicación clínica
A través do CiQUS, forma parte do proxecto europeo ENDOSCAPE, iniciativa transnacional para facilitar a aplicación da terapia xénica a partir do uso de produtos naturais extraídos de plantas
A EPS de Enxeñaría da USC optimiza as técnicas analíticas e os procesos de envasado de pataca cocida lista para consumir
A tese desenvolvida por Inés Piñeiro baixo a dirección de Enrique Arbones constata que o envasado con atmosfera modificada por si solo non garante a calidade do produto
A Academia de Farmacia de Galicia inaugura o seu curso 2019
Será nun acto no que tamén se entregarán os premios ao mellor expediente do grao de Farmacia e o de Investigación da Academia
MatHex, xogo de estratexia onde o coñecemento é a arma
A Facultade de Matemáticas solicita a colaboración do público para probar a versión beta, xa dispoñible
O encontro ‘A xestión cultural a debate’ reúne máis dun centenar de participantes este mércores na Facultade de Humanidades
A sesión inaugural do programa desenvolverase ás 9.30 horas
O Arquivo Vivo da Burla Negra, unha acción contra o esquecemento
A Igrexa da Universidade acubilla ata o 16 de marzo unha mostra con todo o material xerado arredor do Nunca Máis
O Campus Terra aborda a produción de carne de vacún de calidade en Galicia
O Campus Terra da USC vén de acoller un curso práctico, organizado polo Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias da USC, o Consello Regulador das IXP de Carne de...
O efecto de herbicidas naturais sobre a xerminación da flora da muralla romana de Lugo, a análise na EPS de Enxeñaría da USC
Lucía Torres García estuda na súa tese, dirixida por Elvira Díaz e Antonio Rigueiro, a eficacia e a aplicación dos métodos incluídos no plan de conservación do monumento
O reitor destaca na festividade de Santo Tomé que o Campus Terra sitúa á USC na “vangarda” do eido agro-forestal
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, presidiu o acto con motivo da festividade de Santo Tomé que este ano tivo lugar na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e...
A EPS de Enxeñaría da USC favorece a busca activa de emprego de estudantes e titulados cunha xornada de orientación laboral
As persoas interesadas en participar no programa, que se desenvolverá os días 13 e 27 de febreiro e 13 de marzo, poden inscribirse xa na conserxería do centro lugués
Antonio López defende transformar a USC con “rigor, ética e flexibilidade” nunha institución acaída ás necesidades sociais
O reitor chama a recuperar a cultura da anticipación para afianzar a USC na vangarda no acto académico da festividade de San Tomé celebrado en Formación do Profesorado