06.11.2025 | 13.00h
A Cátedra Castelao impulsa unha serie de coloquios para afondar en diversos aspectos da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O segundo deles desenvolverase o 6 de novembro, ás 13.00 horas, na Sala Académica da Facultade de Filoloxía.
Participan nel Germán Labrador, Anxo Rabuñal e Iria-Friné Rivera, baixo a moderación de Beatriz Díaz López.