Ir o contido principal

Representacións da obra 'O último home'

29.09.2025-30.09.2025
Detalle do cartel
Detalle do cartel

O último home é unha comedia poética que se representará do 29 ao 30 de setembro na Facultade de Filoloxía. Trátase dun artefacto cómico-poético-teatral para un home actor/rapsoda e unha muller DJ/ambientadora sonora, sobre a idea da extinción da especie humana.

O último home expón, desde a evidencia, o feito de que unha soa persoa sobreviva ao resto, sen traumas, sen alarmas e con humor. "Porque non deixa de ser cómico que tendo todo a favor para gozar do mundo, o vaiamos destruír sen reparar en que nós formamos parte del", explican dende a organización do evento. Manuel Cortés sitúanos no final dos tempos para a raza humana. "Lonxe da escuridade que suxire o tema, a poesía e a comedia artellan un espectáculo sorprendente", explican.

As representacións terán lugar o luns 29 ás  13.00 e 19.00 horas, e o martes 30 ás 13.00 horas no Auditorio da Facultade de Filoloxia. Ademais, o martes ás 19.00 horas na sala de graos da Facultade de Filoloxía desenvolverase a derradeira representación. 
 

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.09.2025.